dcsimg

Gaivota ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician

A dos láridos (Laridae) é unha familia de aves acuáticas da orde dos caradriformes e suborde dos laros.

Comprende numerosos especies coñecidas vulgarmente en galego como gaivotas ou gavotas,[1]

Son aves mariñas de mediano a gran porte (a máis pequena, Hydrocoloeus minutus, mide 29 cm e ten unha masa corporal de de 120 g, e a máis grande, Larus marinus, ten unha lonxitude de 76 cm e unha masa de 1,75 kg). Tipicamente a súa plumaxe é gris, negra ou branca, frecuentemente con marcas negras na cabeza ou nas ás, e teñen as patas palmadas. Distribuídas por todo o mundo, moitas delas son aves abundantes e moi coñecidas nas súas espectivas áreas de distribución.

Estreitamente relacionadas cos membros da familia dos estérnidos e, máis afastadamente, coas aves zancudas, a maioría das súas especies pertencen ao xénero Larus, que é o tipo da suborde e da familia.

Taxonomía

Dsscrición

A familia foi descrita en 1815 polo polímata, naturalista, meteorólogo e arqueólogo estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque.

Etimoloxía

O nome científico da familia, Laridae, está formado sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Larus, coa adición do sufixo do latín científico -idae, propio do nome das familias de animais.

Nota taxonómica

Durante moito tempo a maioría das gaivotas situáronse no xénero Larus, incluso ao longo do século XX.[2][3] Este sistema predominou até principios do século XXI: nos anos 2005-2007 coñeceuse que esta agrupación era polifilética.

En 2005 un estudo de filoxenia molecular realizado por primeira vez sobre todas as especies recoñecidas de gaivotas (53 especies) demostrou que o xénero Larus así concibido non era monofilético.[4] Confirmando as conclusións de dous estudos anteriores, un sobre morfoloxía,[5] e o outro sobre caracteres moleculares,[6] avogaron pola disociación de Larus en seis xéneros:[4]

Algunhas destas recomendacións foron inmediatamente aceptadas pola comunidade científica internacional.[7][8] Porén, algunhas aínda son obxecto de debate.

Clasificación

Subgrupos

Moitos ornitólogos distribúen ás gaivotas en dous subgrupos:[Cómpre referencia]

A hibridación entre as especies de gaivotas adoita ser frecuente, aínda que depende das especies. A taxonomía das gaivotas é complicada, especialmente nas de cabeza branca.[Cómpre referencia]

Xéneros e especies

Xénero Larus

Xénero Ichthyaetus

Xénero Leucophaeus

Xénero Chroicocephalus

Xénero Hydrocoloeus

Xénero Rhodostethia

Xénero Rissa

Xénero Pagophila

Xénero Xema

Xénero Creagrus

Características

 src=
Bando de gaivotas na praia da Concha (Espasante, Ortigueira).

As gaivotas son en xeral aves grandes, de cor gris ou branca, a miúdo con pintas negras na cabeza ou nas ás. Adoitan ter bicos robustos, bastante longos. A maioría das gaivotas, particularmente as do xénero Larus, son carnívoras ou detrívoras (tomarán a comida viva ou recollerana do lixo se teñen a oportunidade) que inclúen na súa dieta caranguexos e peixes pequenos.[Cómpre referencia].

As gaivotas adoitan ser aves mariñas ou de lagos, ríos e lagoas interiores. Son voadoras de grandes distancias. As especies de maior tamaño tardan ata catro anos en lograr unha plumaxe de adulto, nas gaivotas pequenas este tempo redúcese a dous anos. Son aves con complexos métodos de comunicación e unha estrutura social moi desenvolvida. Certas especies (Larus argentatus) posúen condutas moi complexas.[Cómpre referencia].

Moitas especies de gaivota aprenderon a coexistir co home, polo que as súas poboacións medraron en zonas próximas a núcleos urbanos costeiros.[Cómpre referencia].

Galería de imaxes

Notas

  1. gaivota no Dicionario da RAG.
  2. Dwight, J. (1925): "The Gulls of the World". Bulletin of the American Museum of Natural History 52: 63-401.
  3. Moynihan, M. (1959): "A revision of the family Laridae (Aves)". American Museum Novitates 1928: 1–42.
  4. 4,0 4,1 Pons, J. M., Hassanin, A. & Crochet, P. A. (2005): "Phylogenetic relationships within the Laridae (Charadriiformes: Aves) inferred from mitochondrial markers". Molecular phylogenetics and evolution 37 (3): 686-699.
  5. Chu, Philip C. (1998). "A Phylogeny of the Gulls (Aves: Larinae) Inferred from Osteological and Integumentary Characters". Cladistics (en inglés) 14 (1): 1–43. ISSN 1096-0031. doi:10.1111/j.1096-0031.1998.tb00202.x.
  6. Crochet; Bonhomme; Lebreton (2000). "Molecular phylogeny and plumage evolution in gulls (Larini)". Journal of Evolutionary Biology (en inglés) 13 (1): 47–57. ISSN 1420-9101. doi:10.1046/j.1420-9101.2000.00135.x.
  7. Sangster, G, Collinson, J. M., Knox, A. G., Parkin, D. T. & Svensson, L. (2007): "Taxonomic recommendations for British birds: Fourth report". Ibis 149 (4): 853– 857.
  8. Banks, R. C., Chesser, R. T., Cicero, C., Dunn, J. L., Kratter, A. W., Lovette, I. J., Rasmussen, P. C., Remsen, J. V. Jr., Rising, J. D., Stotz, D. F. & Winker, K. (2008): "Forty-ninth supplement to the American Ornithologists’ Union check-list of North Americancan birds" The Auk 125 (3): 758–768.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician

Gaivota: Brief Summary ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician

A dos láridos (Laridae) é unha familia de aves acuáticas da orde dos caradriformes e suborde dos laros.

Comprende numerosos especies coñecidas vulgarmente en galego como gaivotas ou gavotas,

Son aves mariñas de mediano a gran porte (a máis pequena, Hydrocoloeus minutus, mide 29 cm e ten unha masa corporal de de 120 g, e a máis grande, Larus marinus, ten unha lonxitude de 76 cm e unha masa de 1,75 kg). Tipicamente a súa plumaxe é gris, negra ou branca, frecuentemente con marcas negras na cabeza ou nas ás, e teñen as patas palmadas. Distribuídas por todo o mundo, moitas delas son aves abundantes e moi coñecidas nas súas espectivas áreas de distribución.

Estreitamente relacionadas cos membros da familia dos estérnidos e, máis afastadamente, coas aves zancudas, a maioría das súas especies pertencen ao xénero Larus, que é o tipo da suborde e da familia.

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician