O olmo de montaña[1][2], tamén coñecido como ulmeiro de montaña[1][2] ou lamigueiro[1][2][3] (Ulmus glabra), é unha das especies do xénero Ulmus da familia das ulmáceas, típico das montañas de toda Europa. En Galiza hoxe é escaso, aparecendo algúns exemplares nas montañas orientais ou nas Fragas do Eume.
É unha árbore grande co toro recto e que pode acadar os 40 metros de altura; a casca é máis fibrosa ca o do olmo mediterráneo (‘’Ulmus minor’’), tamén presente en Galiza. As follas son estipuladas simples, alternas e caedizas, serradas, moi asimétricas na base e longamente acuminadas que presenta frecuentemente un saínte a cada lado. As flores, inconspicuas, hermafroditas e apétalas, aparecen en grupiños de 10-20 antes que as follas, ou sexa a principios da primavera. Os froitos (sámaras) - que son un elemento importante para a determinación específica - teñen forma suborbicular cun tamaño duns 2,5 por 2 cm, ás de bordos lisos e semente en posición central.
Este olmo atópase dende a península Ibérica até o Cáucaso, os Apeninos, o sur de Bretaña e Noruega. Na Península Ibérica medra entre os 1000 e os 1500 metros de altitude distribuíndose polo norte, especialmente nos Pireneos cataláns. Tamén aparece en Aragón, País Vasco, Cantabria, Asturias e Galiza. En Galiza non é moi común hoxe en día, aínda que se cre que o foi na antigüidade, antes da chegada da grafiose e das tallas indiscriminadas da Coroa Española na Idade Moderna no Reino de Galiza.
Algúns botánicos, en particular Lindquist[4] [1] (1931) propuxeron dividir a especie en dúas subespecies:
Porén, hai moita superposición entre as poboacións nestes trazos e a distinción pode deberse á influencia medioambiental, mais que a unha variación xenética; as subespecies non son aceptadas por, entre outros, Flora Europaea e Flora Ibérica.[5][6] Preto de 40 cultivares téñense logrado aínda que moitas, ao menos 30, probabelmente se teñan perdido para o cultivo como consecuencia da grafiose e outros factores. Entre eles cómpre citar dous con pólas penduradas:[7]
O olmo de montaña, tamén coñecido como ulmeiro de montaña ou lamigueiro (Ulmus glabra), é unha das especies do xénero Ulmus da familia das ulmáceas, típico das montañas de toda Europa. En Galiza hoxe é escaso, aparecendo algúns exemplares nas montañas orientais ou nas Fragas do Eume.