dcsimg

Dryopteris aemula ( Inglês )

fornecido por wikipedia EN

Dryopteris aemula, the hay-scented buckler-fern[1] or hay-scented fern, is a species of perennial leptosporangiate fern.

Description

Dryopteris aemula grows as a crown of fronds arising from a short ascending rhizome.

The rachis is dark purple-brown with red-brown lanceolate scales. Leaves are tri-pinnate, triangular-ovate or triangular-lanceolate, 15–60 cm (5.9–23.6 in) long, often arching, semi-evergreen and pale yellow-green. Scattered small sessile glands grow on the underside or both surfaces of the fronds. Pinnae are slightly concave giving the frond a characteristic crisped appearance. The plant is hay-scented.

Sori or spore-producing organs occur in a row down each side of the midrib. The indusium of the sorus is irregularly toothed and edged with sessile glands.

The plant does not reproduce vegetatively and relies upon spores to generate new individuals.

Taxonomy

Distribution

Dryopteris aemula is confined to the atlantic coastal areas of western Europe and Macaronesia. D. aemula is highly oceanic in its distribution occurring mostly in the Köppen climate type Cfb (oceanic climates). Even within Great Britain, it is restricted to western districts and has just a few outlying eastern localities such as The Weald.

D. aemula reaches the northern limit of its distribution in Britain.

20% of the world population of D. aemula is in the United Kingdom.[2]

Ecology and conservation

A fern of shady, often rocky, woodlands, usually on acidic soils.

In Britain, it is generally found in NVC woodland community W17.

References

  1. ^ BSBI List 2007 (xls). Botanical Society of Britain and Ireland. Archived from the original (xls) on 2015-06-26. Retrieved 2014-10-17.
  2. ^ Kent Biodiversity Action Plan Steering Group (1997). "Kent Biodiversity Action Plan" (PDF). Medway Council. Retrieved 21 November 2022.

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Wikipedia authors and editors
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia EN

Dryopteris aemula: Brief Summary ( Inglês )

fornecido por wikipedia EN

Dryopteris aemula, the hay-scented buckler-fern or hay-scented fern, is a species of perennial leptosporangiate fern.

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Wikipedia authors and editors
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia EN

Dryopteris aemula ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician

Dryopteris aemula Aiton Kuntze, o fento macho de recendo de feno, é un fento raro do xénero Dryopteris da familia Dryopteridaceae, propio de cavorcos e vales pechados ou abeirados con alta humidade atmosférica, preto do mar, principalmente da Europa atlántica. Aparecen nas provincias costeiras galegas.

Etimoloxía

O nome específico: aemula, vén do latín aemulus, -a, -um = émulo, rival.

Descrición

 src=
Dryopteris aemula nos Picos de Europa.

Fento perenne cun rizoma erecto ou ascendente e frondes de até 60 cm de lonxitude. O pecíolo, da metade de longo a tan longo como a lámina, é de cor castaña purpúrea en gran parte da súa lonxitude e con páleas castaño –avermelladas, mates, máis ou menos dispersas por todo o raque; as que aparecen sobre os nervios dos segmentos de última orde son glandulosas e algo inchadas. A lámina, 3 –pinnatisecta, ten unha característica forma de triangular– ovada a anchamente triangular, de cor verde que en ocasións se fai máis ou menos amarelenta; está cuberta de glándulas, especialmente nos nervios, máis densamente polo envés que pola face superior e que lle dan certo recendo a feno, de aí o nome vulgar. A pinna inferior é asimétrica, xa que a pínnula basiscópica proximal está máis desenvolvida que a acroscópica correspondente. As pínnulas teñen forma triangular lanceolada e as proximais teñen o ápice abruptamente adelgazado e obtuso, coa marxe revoluta; os segmentos de última orde son lanceolados ou triangular –lanceolados, de ápice obtuso e coa marxe con dentes dispersos, agudos e arestados. Os soros aparecen no envés, teñen paráfise, e están protexidos por un indusio pequeno, magro, de cor abrancazada, plano, caduco e glanduloso; os esporanxios teñen o pedúnculo glanduloso e producen esporas de 20-28 micrómetros de diámetro, engurradas e non espiñentas. Esporula de marzo a decembro.

Hábitat e ecoloxía

Este raro fento mora en zonas de carácter acedo, cuarcitas principalmente, de substrato pouco permeábel cunha forte escorrenta superficial que a miúdo mostran procesos de tubificación. Aparece en zonas con outeiros temperadas. O seu ambiente óptimo son vales pechados ou cavorcos estreitos e abeirados, preto do mar, con alta humidade atmosférica e medrando sobre cuarcitas ou arenitas. É unha planta diferencial de comunidades pertecentes á subalianza Hyperico androsaemi - Alneion (alianza Alno-Padion, orde Populetalia albae, clase Querco-Fagetea), que abrangue os bosques riparios cantábrico-atlánticos e nos que son características plantas como o fento do cabeliño (Culcita macrocarpa), Dryopteris aemula, Dryopteris corleyi, Dryopteris guanchica, Dryopteris x arecesiae (Dryopteris aemula x Dryopteris corleyi), Dryopteris x asturiensis (Dryopteris affinis x Dryopteris corleyi), Dryopteris x fraser-jenkinsii (Dryopteris affinis x Dryopteris dilatata ou Dryopteris guanchica), Dryopteris x gomerica (Dryopteris aemula x Dryopteris guanchica), Hypericum androsaemum, o fento real (Osmunda regalis), o salgueiro bravo (Salix atrocinerea), Senecio nemorensis subsp. bayonenses, Stegnogramma pozoi e o fento do botón (Woodwardia radicans).

Requirimentos ecolóxicos

É un fento que requere penumbra e calor. Piso colino principalmente. Continentalidade: suboceánica; non atura xeadas serodias nin temperaturas extremas. Prefire solos húmidos ou moi húmidos, polo que é un bo indicador de humidade edáfica. Medra en solos acedos: pH 3.5 - 5.5; indicador de acidez. Medra mellor en solos pobres en nitróxeno.

Distribución

Medra na zona macaronésica: Arquipélago dos Azores, illa de Madeira, Illas Canarias, o noroeste e suroeste de Francia, acadando o noroeste de Turquía e algunhas localidades do Reino Unido. Na Península Ibérica aparece de forma relicta na costa cantábrica até alcanzar polo oeste Galiza. Aparece especialmente na provincia da Coruña, con poboacións relictas en Lugo e Pontevedra.

Ameazas

É un fento escaso, por iso considérase especie protexida, que aparece na listaxe vermella da flora vascular española (Lista Roja de la Flora Vascular española) baixo a categoría VU: B1+2b.

Véxase tamén

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician

Dryopteris aemula: Brief Summary ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician

Dryopteris aemula Aiton Kuntze, o fento macho de recendo de feno, é un fento raro do xénero Dryopteris da familia Dryopteridaceae, propio de cavorcos e vales pechados ou abeirados con alta humidade atmosférica, preto do mar, principalmente da Europa atlántica. Aparecen nas provincias costeiras galegas.

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician