dcsimg

Lanius ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician

Lanius é un xénero de aves da orde dos paseriformes, infraorde dos Corvida, suborde dos oscines, unha das integrantes da familia dos lánidos.

Son paxaros de rechamante aspecto, co pico ganchudo e comportamento moi similar ao dos falcóns, xa que son depredadores que adoitan cazaren outros paxaros como xílgaros, pequeños roedores como o rato de campo e insectos grandes.

Un costume típico destas aves é a de inserir as súas vítimas en espiñas a modo de pequenas despensas ás que acode en caso de necesidade.

Taxonomía

Descrición

O xénero foi descrito por Linneo en 1758, na décima edición do seu Systema Naturae.[1]

Etimoloxía

Para escoller o nome do xénero Linneo adoptou o substantivo do latín clásico lanius, -ii, que significa 'carniceiro', tomando, quizais, como modelo a expresión pendere ad lanium, 'estar pendurada (a carne) na carnizaría', debido ao costume das especies deste xénero de penduraren os corpos de pequenos vertebrados e de grandes insectos cravándoos en espiñas, como quedou dito antes.

Especies

Na actualidade recoñécense no xénero as 29 especies seguintes:[1][2]

Galería

En Galicia

En Galicia pódense atopar as seguintes especies pertencentes ao xénero Lanius:

Notas

  1. 1,0 1,1 Lanius Linnaeus, 1758 no ITIS.
  2. Lanius Linnaeus 1758 na EOL.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Calros Silvar (2005): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-8767-406-2.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Conde Teira, M. A. (1999): "Lista de nomes galegos para as aves ibéricas" Chioglossa 1: 121-138.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician

Lanius: Brief Summary ( Galego )