dcsimg

Gaivota patiamarela ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician

A gaivota patiamarela[2][3] (Larus michahellis) é unha gaivota grande de Europa, Oriente Medio e África do norte. Foi considerada por algúns autores a mesma especie que a gaivota do Caspio, coa que formaría a especie Larus cachinnans.

Descrición

 src=
Nominate L.m.michahellis, Illa de Elba

Os adultos son semellantes á gaivota arxéntea (Larus argentatus), pero teñen as patas amarelas. Teñen o lombo gris, máis escuro que a gaivota arxéntea. Os adultos teñen unha penca vermella no bico. En outono a cabeza é moito máis branca que a da gaivota arxéntea e o negro das puntas das alas, máis extenso. Ó redor de cada ollo teñen un anel vermello.

Os exemplares de primeiro ano teñen a cabeza é a zona inferior máis pálidos que os da Larus argentatus. O bico e os ollos son máis escuros, as patas son de cor gris rosada e teñen unha banda negra ben definida na cola. No segundo inverno son semellantes ós adultos, aínda que manteñen algunhas diferenzas no deseño das plumas exteriores das alas.

A chamada e unha especie de gargallada máis forte e nasal cá da gaivota arxéntea.

Clasificación

A taxonomía da especie é complexa. O grupo Larus está distribuído ó redor do hemisferio norte e as diferenzas entre especies adxacentes son moi pequenas. Actualmente acéptase que a gaivota patiamarela é unha especie independente, pero ata non hai moito as discrepancias eran importantes. Algunhas clasificacións considerábana unha subespecie da gaivota arxéntea (Larus argentatus), mentres que outras a separaban desta para incluíla, coa gaivota do Caspio, noutra especie. Estudios recentes sobre o seu ADN amosan que a gaivota do Caspio non pertence ó mesmo grupo cá patiamarela.

Hai dúas subespecies:

  • Larus m. michahellis que cría no mar Mediterráneo.
  • Larus m. atlantis das costas atlánticas próximas o Mediterráneo.

Os exemplares que crían en Portugal e Galicia son ás veces considerados unha terceira subespecie (Larus m. lusitanus).

As formas atlánticas teñen as alas e o lombo máis escuros cás mediterráneas.

Distribución

A área de cría está centrada no mar Mediterráneo. No norte de África en común en Marrocos, Alxeria e Tunisia. Recentemente comezou a reproducirse en Libia e Exipto. Cría en pequenas cantidades en Israel e Siria é máis abundantemente en Chipre e Turquía. En Europa hai colonias todo ó longo da costa mediterránea e cría tamén no lado oeste do mar Negro, onde se solapa coa gaivota do Caspio da que a separa o hábitat, escollendo a gaivota patiamarela os cantís mariños. Nas derradeiras décadas están a espallarse cara á Europa central. En 1995 detectouse a súa presenza como ave de cría na Gran Bretaña. É común tamén nas illas Canarias, Madeira e as illas Azores.

Moitos exemplares son sedentarios, pero outros emigran en inverno cara ás áreas máis mornas do oeste de Europa ou cara a África, onde chegan ó Senegal, Gambia e ó mar Vermello. Exemplares errantes foron detectados en Norteamérica e Nixeria.

Alimentación

Son omnívoras como as demais gaivotas do xénero Larus e buscan alimento nas moreas de lixo, presas pequenas na costa ou nos campos e mesmo rouban as súas presas a outras aves.

Reprodución

Crían en colonias. Os niños son a miúdo unhas poucas plantas que poñen no chan ou nun cantil. Nalgunhas áreas están a afacerse a criar noa tellados dos edificios, constituíndo unha praga urbana. Poñen os ovos, uns 3, entre mediados de marzo e primeiros de maio e deféndenos con forza de calquera inimigo. Chocan os ovos entre 27 e 31 días e os polos poden voar despois de 35 ou 40 días de naceren.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • "National Geographic": Field Guide to the Birds of North America, ISBN 0-7922-6877-6
  • Peter Harrison (1983). Seabirds, an Identification Guide, ISBN 0-7470-1410-8
  • Handbook of the Birds of the World Vol 3, Josep del Hoyo editor, ISBN 84-87334-10-5
  • "National Audubon Society": The Sibley Guide to Birds, by David Allen Sibley, ISBN 0-679-45122-6
  • D.W. Snow e C.M. Perrins (1998): The Birds of the Western Palearctic, Concise Edition (Vol. 1), Oxford University Press, Oxford.
  • Alan Harris, Laurel Tucker e Keith Vinicombe (1994): The Macmillan Field Guide to Bird Identification, Macmillan Press.
  • Lars Svensson e Peter J. Grant (1999): Collins Bird Guide, HarperCollins, London.

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician

Gaivota patiamarela: Brief Summary ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician

A gaivota patiamarela (Larus michahellis) é unha gaivota grande de Europa, Oriente Medio e África do norte. Foi considerada por algúns autores a mesma especie que a gaivota do Caspio, coa que formaría a especie Larus cachinnans.

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician