dcsimg

Movella ártica ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician
 src=
Gavia arctica

A movella ártica[2][3], can de mar[3] ou mobella ártica[4] é unha ave da familia das Gaviidae.

Morfoloxía e hábitos

Trátase dun ave de 58-68 cm de lonxitude e un peso entre os 2000 e 3000 gramos. É meirande có mergullón cristado. Cabeza e caluga grises e o lombo de cor negra con faíscas brancas. No inverno a plumaxe é unicolor con tonalidades pardo ou gris escuro. Femia e macho son morfoloxicamente iguais. Alimentase de peixes que captura durante os seus mergullos. Pode chegar a mergullarse durante 3 minutos sen interrupción. Atópase en lagoas grandes.

Reprodución

O período de cría vai de maio a xullo, facendo unha posta de 2 ovos. O tempo de incubación é de 28-30 días. Os polos voan ós dous meses. O niño adoita estar localizado na costa.

Distribución

Na época de cría está presente en Escandinavia, Escocia e noroeste de Rusia. Fóra da época de cría atópase ó longo da costa atlántica europea (agás Portugal), costa adriática, mar Exeo e o mar Negro.

Notas

  1. BirdLife International (2012). "Gavia arctica". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
  2. VV. AA. (2000). Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-2913-8.
  3. 3,0 3,1 "Movella pequena". TERGAL. Consultado o 9 de xullo de 2017.
  4. Conde Teira, Miguel Ángel (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada. Chioglossa.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)
licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician

Movella ártica: Brief Summary ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician
 src= Gavia arctica

A movella ártica, can de mar ou mobella ártica é unha ave da familia das Gaviidae.

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician