Damaliscus pygargus,[1] coñecido vulgarmente na bibliografía como damalisco de fronte branca ou polo seu nome inglés bontebok, é unha especie de mamífero artiodáctilo ruminante da familia dos bóvidos, subfamilia dos alcelafinos e tribo dos alcelafininos.
É un antílope de tamaño grande estreitamente relacionado co sasabi e co topi, cos que comparte xénero. Na actualidade recoñécense dúas subespecies deste antílope.
A especie foi descrita por primeira vez en 1767 polo médico, zoólogo e botánico alemán Peter Simon Pallas baixo o nome de Antilope pygargus. Ao logo do tempo tamén foi coñecida como Antilope dorcas, e foi integrada posteriormente no xénero Alcelaphus,[1] e, en 1992, en Damaliscus por P. F. Woodall.[2][3][4]
O nome válido desta especie é Damaliscus pygargus, non Damaliscus dorcas que aparece comunmente na literatura.[5][6][7]
Na actualidade recoñécense dúas subespecies ben diferenciadas:.[7]
As dúas foron consideradas por algúns autores como especies separadas,[8][9] son consideradas hoxe como conespecíficas pola maioría dos autores.[1][7]
As principais características anatómicas da especie son:[10]
Damaliscus pygargus é unha especie moi característica das pradarías abertas da meseta do highveld surafricano, até os 2.000 m de altitude (D. p. phillipsi), e da zona costeira do Cabo (D, p. pygargus).[11] Ambas a subespecies son case exclusivamente herbívoras, con preferencia polo pasto; a auga é un requirimento esencial do seu hábitat.[7]
O blesbok historicamente estivo distribuído polo norte da antiga provincia do Cabo, o Estado Libre de Oranxe, o sur o o oeste do Transvaal e polo Natal occidental, e era moi abundante. Cando se colonizaron estas zonas o seu número decreceu de forma considerábel. Porén, desde aquela houbo un rexurdimento das súas poboacións, xa que moitos granxeiros repoboaron as súas propiedades e establecéronse poboacións en moitas reservas. Por isto agora é francamente abundante, e utilízase para a subministración de carne en grande escala.[10]
O bontebok nunca foi numeroso dentro da súa área orixinal de distribución, no suroeste da antiga provincia do Cabo. Ademais, a caza diminuíu drasticamente o seu xa escaso número, chegando ao bordo da extinción no século XIX, da que se salvou grazas á protección exercida por algúns granxeiros privados. Actualmente está protexido no Bontebok National Park e nalgunhas granxas privadas. Dun mínimo de menos de 20 animais no orixinal P. B. Bontebok (establecido preto de Bredasdorp en 1931) a poboación deste antílope foi recuperándose pouco a pouco. En 1962 a súa poboación total estimábase nunhas 600 cabezas, e en 1981 xa se alcanzaran as 320. Animais sobrantes deste Parque Nacional formaron o núcleo de poboacións reintroducidas noutras áreas protexidas.[7][10]
O blesbok estaba establecido antigamente non oeste de Lesoto, pero foi exterminado antes de 1900.[12] Non hai ningunha evidencia histórica confiábel de que o blesbok vivira en Suacilandia, pero se introduciu en varias zonas protexidas deste país. Así mesmo se introduciu extensamente en granxas privadas e coutos de caza fóra da súa área de distribución natural en Namibia, Botswana e Cimbabue.[7]
O damalisco pigargo vive en grupos de 6 a 30 individuos, pero ás veces poden reunirse en rabaños de até varios centos de cabezas. Cando son perturbados, o rabaño foxe adoito formando unha fila india correndo contra o vento.[10]
Damaliscus pygargus, como especie, non parece ter importantes ameazas para a súa supervivencia a longo prazo. Porén, mentres que os efectivos de bontebok (D. p. pygargus) están recuperándose pouco a pouco, esta subespecie está ameazada por hibridación co blesbok (D. p. phillipsi), que é moito máis numeroso, e que foi reintroducido amplamente, tamén fóra da súa área de dispersión orixinal. A mestizaxe produciu numerosos híbridos en terreos privados. Utilízase unha técnica estatística baseada na fotografía aérea para diferenciar o verdadeiro bontebok dos híbridos bontebok/blesbok.[13]
East, en 1999, estimou que a poboación total de blesbok (D. p. phillipsi) era de entre 235.000 e 240,000 individuos, dos cales o 97 % vivían en granxas privadas e o 3 % restante en zonas protexidas, e duna 2.300 o número de bontebok (D. p. pygargus) que, ao parecer estaba medrando.[11] Estimacións recentes cifran o seu número en ao redor de 3.500; porén, en base a recontos feitos en 2001, na só uns 1.500 animais vivían na súa orixinal área de dispersión da subespecie. A maior parte da súa poboación está na Reserva Natural de De Hoop, e na zona adxacente de Overberg, cuns 700 espécimes.[7]
O bontebok (D. p. pygargus) figura no Apéndice II do CITES. Porén, o estrito control do seu comercio parece que este non afecta negativamente á súa poboación, que está medrando.[14]
O valor económico e a popularidade do blesbok en terreos privados permitiu a esta subespecie volver a ocupar grandes áreas da súa distribución orixinal; ademais tamén se estableceron poboacións substancias da subespecie en terreos privados fóra dela en Suráfrica e noutros lugares. Porén, a supervivencia dos bontebok é máis dependente das áreas protexidas, especialmente o Parque Nacional Bontebok e a Reserva Natural de De Hoop, aínda que algúns espécimes tamén viven en propiedades privadas tanto dentro como fóra da súa área anterior.
Por todo isto, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza cualifica na actualidade o status global da especie como LC (pouco preocupante).[7]
Damaliscus pygargus, coñecido vulgarmente na bibliografía como damalisco de fronte branca ou polo seu nome inglés bontebok, é unha especie de mamífero artiodáctilo ruminante da familia dos bóvidos, subfamilia dos alcelafinos e tribo dos alcelafininos.
É un antílope de tamaño grande estreitamente relacionado co sasabi e co topi, cos que comparte xénero. Na actualidade recoñécense dúas subespecies deste antílope.