As Negativicutes son unha clase de bacterias Firmicutes, que teñen unha composición peculiar da súa parede celular que se tingue como gramnegativa, a pesar de que a maioría das Firmicutes son grampositivas. As familias Acidaminococcaceae e Veillonellaceae[1] eran antes consideradas membros da clase Clostridia. O nome Selenobacterias tamén se usa para referirse a algúns membros deste grupo. A descrición deste grupo foi emendada en 2010 e, xunto coas Acidaminococcaceae (familia nova), foi situada na orde Selenomonadales (ordo novus, que sería a única orde do grupo) na clase Negativicutes (classis novus) do filo Firmicutes.
Os membros desta familia son todos anaerobios obrigados, e aparecen en hábitats como ríos, lagos, e os intestinos de vertebrados. Poden ser desde esféricas, como Megasphaera e Veillonella, a bacilos curvados, como as selenomónadas. O xénero Selenomonas ten unha forma característica de crecente, con flaxelos inseridos no seu lado cóncavo, mentres que Sporomusa é similar pero non motil. Os seus nomes refírense a esta morfoloxía distintiva, xa que selene significa lúa, e musa significa banana.[2] Algúns membros do grupo poden formar endósporas.
A clasificación do grupo é complicada, porque un exame máis detallado de membros deste grupo indica que os membros deste clado (grupo Selenomonas-Megasphaera-Sporomusa) son en realidade Clostridia, o que poñería en cuestión o establecemento de Negativicutes coa súa definición actual.[3]
A taxonomía aceptada actualmente deste grupo está baseada na LPSN [4] e no NCBI[5] e foi elaborada baseándose en datos do ARNr 16S da LTP 111 do The All-Species Living Tree Project [6]
{{Clade |1=
AcidaminococcaceaeSuccinispira mobilis Janssen e O'Farrell 1999
Acidaminococcus Rogosa 1969 emend. Jumas-Bilak et al. 2007
Phascolarctobacterium faecium Del Dot et al. 1994 (type sp.)
Phascolarctobacterium succinatutens Watanabe et al. 2012
Succiniclasticum ruminis van Gylswyk 1995
Veillonellaceae?Anaerospora hongkongensis ♠ Woo et al. 2005
?Desulfosporomusa polytropa ♠ Sass et al. 2004
?Psychrosinus fermentans ♠ Sattley et al. 2008
?Quinella ovalis ♪ Krumholz et al. 1993 (Quin’s Oval)
Notas:
♠ Cepas que se encontran no NCBI, pero que non están listadas na LPSN
♪ Procariotas dos que non hai cultivos axénicos ou puros illados ou dispoñibles.
As Negativicutes son unha clase de bacterias Firmicutes, que teñen unha composición peculiar da súa parede celular que se tingue como gramnegativa, a pesar de que a maioría das Firmicutes son grampositivas. As familias Acidaminococcaceae e Veillonellaceae eran antes consideradas membros da clase Clostridia. O nome Selenobacterias tamén se usa para referirse a algúns membros deste grupo. A descrición deste grupo foi emendada en 2010 e, xunto coas Acidaminococcaceae (familia nova), foi situada na orde Selenomonadales (ordo novus, que sería a única orde do grupo) na clase Negativicutes (classis novus) do filo Firmicutes.
Os membros desta familia son todos anaerobios obrigados, e aparecen en hábitats como ríos, lagos, e os intestinos de vertebrados. Poden ser desde esféricas, como Megasphaera e Veillonella, a bacilos curvados, como as selenomónadas. O xénero Selenomonas ten unha forma característica de crecente, con flaxelos inseridos no seu lado cóncavo, mentres que Sporomusa é similar pero non motil. Os seus nomes refírense a esta morfoloxía distintiva, xa que selene significa lúa, e musa significa banana. Algúns membros do grupo poden formar endósporas.
A clasificación do grupo é complicada, porque un exame máis detallado de membros deste grupo indica que os membros deste clado (grupo Selenomonas-Megasphaera-Sporomusa) son en realidade Clostridia, o que poñería en cuestión o establecemento de Negativicutes coa súa definición actual.