dcsimg

Synaptura lusitanica ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician

Synaptura lusitanica de Brito Capello, 1868, tamén coñecida como Synaptura lusitanica lusitanica de Brito Capello, 1868, é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,[1]

Como todos os linguados ten unha aparencia característica, asimétrica e con ambos os ollos no mesmo lado do corpo, o chamado "lado" ocular" ou "lado pigmentado" (o dereito, neste caso), mentres que o lado sen ollos é o chamado "lado cego".

Synaptura lusitanica vive nas costas do Atlántico centro-oriental, onde é obxecto de pesca comercial.

Características

O corpo, como o de todos os soleidos, ten forma ovalada, de lingua (de aí os seus nomes vulagares) ou de sola de sandalia (de aí, os seu nome científico), máis alto cara a arriba, cara á cabeza, pero que se vai estritando pouco a pouco cara ao extremo caudal.[2]

As narinas do lado cego non están expandidas e formando unha roseta, como nas especies do xénero Pegusa. A narina anterior do lado ocular presenta un tubo dirixido cara a atrás atrás, que non alcanza o bordo delanteiro do ollo inferior.[2]

Aa aletas dorsal e anal están unidas na súa parte posterior, por unha membrana, á aleta caudal. A aleta dorsal orixínase na cabeza, e está suatentada por de 79 a 83; a anal presenta de 57 a 67 raios, e as aletas pectorais, de 6 a 10.[2]

A liña lateral está formada por de 100 a 123 escamas porosas; a súa rama supratemporal forma unha curva suavemente arredondeada.[2]

A coloración do lado pigmentado é parda agrisada, con manchas mouras, que tenden a formar unha serie lonxitudinal de manchas máis grandes ao longo da liñaa lateral.[2]

Podea alcanzar un tamaño de até 40 cm de lonxiutude.[2][3]

Hábitat, distribución e bioloxía

Synaptura lusitanica é un peixe mariño e de augas salobres, demersal, que habita en augas tropicais pouco profundas, de até os 60 m de profundidade,[2][4] nas costas do Atlántico leste, desde o sur do estreito de Xibraltar e as costas mediterráneas da península Ibérica, até o Congo, polo sur.[2]

Encóntrase en fondos areosos e lamacentos, principalmente en augas pouco profundas.[2]

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita por primeira vez en 1868 polo ictiólogo portugues Félix António de Brito Capelo.[1]

Subespecies

Dentro desta especie, na actualidade recoñécense as seguintes dúas subespecies:[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Synaptura lusitanica de Brito Capello, 1868 no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 Portuguese sole (Synaptura lusitanica) en Marine Species (en inglés)
  3. Desoutter, M. (1990).
  4. Schneider, W. (1990): FAO species identification sheets for fishery purposes. Field guide to the commercial marine resources of the Gulf of Guinea. Prepared and published with the support of the FAO Regional Office for Africa. Roma: FAO.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Desoutter, M. (1990): "Soleidae", pp. 1037-1049, en: J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Lisboa: JNICT; Paris: SEI e UNESCO. Vol. 2.
  • van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds.: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. Paris: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician

Synaptura lusitanica lusitanica ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician

Synaptura lusitanica lusitanica,de Brito Capello, 1868 tamén coñecida como Synaptura lusitanica de Brito Capello, 1868 é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,[1] coñecida en galego como linguado portugués.[2]

Trátase dun pequeno linguado que habita nas costas do Atlántico oriental, desde Mauritania até Angola.

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita por primeira vez en 1868 polo ictiólogo portugues Félix António de Brito Capelo.[1]

Sinónimos

Ademais de polo nome orixinario que lle outorgou de Brito Capelo, Synaptura lusitanica, e o actualmente válido, a especie coñécese tamén polos sinónimos:[1]

  • Dagetichthys lusitanicus (de Brito Capello, 1868)
  • Synaptura lusitanica de Brito Capello, 1868 (aceptado, como representación alternativa)
  • Synaptura lusitanica punctatissima Peters, 1876
  • Synaptura punctatissima Peters, 1876

Características

Como todos os linguados ten unha aparencia característica, asimétrica e con ambos os ollos no mesmo lado do corpo, o chamado "lado" ocular" ou "lado pigmentado" (o dereito, neste caso), mentres que o lado sen ollos é o chamado "lado cego.
O corpo, como o de todos os soleidos, ten forma de lingua (de aí os seus nomes vulagares) ou de sola de sandalia (de aí, os seu nome científico), máis alto cara a arriba, cara á cabeza, pero que se vai estritando pouco a pouco cara ao extremo caudal.

Podea alcanzar un tamaño de até 40 cm de lonxiutude.[3]

Hábitat, distribución e bioloxía

O linguado portugués é un peixe mariño e de augas salobres, demersal, que habita en augas tropicais pouco profundas, de até os 60 m de profundidade,[4] entre os 21° N e os 18° S, e entre os 19° W e os 14° E,[5] nas costas do Atlántico leste, desde o cabo Branco (Mauritania) até Angola.[3]

Encóntrase en fondos areosos e lamacentos, principalmente en augas pouco profundas.[4]

Pesca

O linguado portugués captúrase nas áreas de pesca 27, 34 e 47 (Atlántico nordeste, Atlántico centro-leste e Atlántico sueste, respectivamente ).[2]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Synaptura lusitanica lusitanica de Brito Capello, 1868 no WoRMS,
  2. 2,0 2,1 Lahuerta Mouriño, Fernando e Vázquez Álvarez, Francisco X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 86.
  3. 3,0 3,1 Desoutter, M. (1990).
  4. 4,0 4,1 Schneider, W. (1990): FAO species identification sheets for fishery purposes. Field guide to the commercial marine resources of the Gulf of Guinea. Prepared and published with the support of the FAO Regional Office for Africa. Roma: FAO.
  5. Synaptura lusitanica lusitanica de Brito Capello, 1868 na FishBase.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Desoutter, M. (1990): "Soleidae", pp. 1037-1049, en: J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Lisboa: JNICT; Paris: SEI e UNESCO. Vol. 2.
  • van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds.: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. Paris: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician

Synaptura lusitanica lusitanica: Brief Summary ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician

Synaptura lusitanica lusitanica,de Brito Capello, 1868 tamén coñecida como Synaptura lusitanica de Brito Capello, 1868 é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos, coñecida en galego como linguado portugués.

Trátase dun pequeno linguado que habita nas costas do Atlántico oriental, desde Mauritania até Angola.

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician

Synaptura lusitanica: Brief Summary ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician

Synaptura lusitanica de Brito Capello, 1868, tamén coñecida como Synaptura lusitanica lusitanica de Brito Capello, 1868, é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,

Como todos os linguados ten unha aparencia característica, asimétrica e con ambos os ollos no mesmo lado do corpo, o chamado "lado" ocular" ou "lado pigmentado" (o dereito, neste caso), mentres que o lado sen ollos é o chamado "lado cego".

Synaptura lusitanica vive nas costas do Atlántico centro-oriental, onde é obxecto de pesca comercial.

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician