dcsimg

Coprosma repens ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician

Coprosma repens é unha especie de arbusto con flor ou árbore pequena do xénero Coprosma, na familia Rubiaceae, nativa de Nova Zelandia.[1] O seu nome común en maorí é taupata [2] e en inglés ademais do nome maorí tamén se coñece como mirror bush e looking-glass bush [3] e en Australia, onde se naturalizou, tamén como New Zealand laurel [4].

Descrición

A especie varía grandemente dependendo da súa situación, os exemplares que medran en hábitats expostos aos elementos, como rochas ou cantís, quedan prostrados, a pouca altura da rocha base, pola contra en zonas máis gorecidas poden converterse en pequenas árbores de ata 8 metros de altura.[5] As súas follas son grosas e moi relucentes variando considerablemente en tamaño, cos bordos recurvados, ata o punto que ocasionalmente a folla pode ser cilíndrica.[5]. Rosea na primavera e no inverno, aparecendo as flores macho en cachos compostos e densos mentres as femias fano en cachos máis pequenos. As plantas femia producen drupas ovadas de cor laranxa-vermella de duns 8 mm de diámetro e 10 mm de longo.[5]

Distribución

A especie é nativa da Illa Norte, Illa Sur, Illas Kermadec e as Illas dos Tres Reis en Nova Zelandia.[5] En Australia naturalizouse en zonas costeiras dos estados de Victoria, Nova Gales do Sur, Australia Meridional e Tasmania. Existen varios cultivares da planta en uso sobre todo en xardíns costeiros.

 src=
'Picturata', cultivar de xardín.

Notas

  1. "WCSP". World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 2010.
  2. Maori Plant Use
  3. New Zealand Plant Conservation Network
  4. "Coprosma repens A.Rich.". PlantNET - New South Wales Flora Online. Royal Botanic Gardens & Domain Trust, Sydney Australia. Consultado o 2009-04-26.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Landcare Research (ed.). "Coprosma repens". Flora of New Zealand Series. Consultado o 2009-04-26.
licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician

Coprosma repens: Brief Summary ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician

Coprosma repens é unha especie de arbusto con flor ou árbore pequena do xénero Coprosma, na familia Rubiaceae, nativa de Nova Zelandia. O seu nome común en maorí é taupata e en inglés ademais do nome maorí tamén se coñece como mirror bush e looking-glass bush e en Australia, onde se naturalizou, tamén como New Zealand laurel .

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician