dcsimg

Plátano oriental ( Galissian )

fornì da wikipedia gl Galician

O plátano oriental (Platanus orientalis), é unha grande árbore caducifolia da familia Platanaceae, amplamente distribuída e dunha longa vida.

Localización

As súa área de distribución nativa inclúe polo menos Eurasia dende os Balcáns até o Irán. Algúns autores estenden a súa área de distribución dende a Península Ibérica polo oeste, até o Himalaia polo leste, pois é sabido que se cultiva dende épocas antigas en moitas destas rexións, sendo difícil de establecer se verdadadeiramente é indíxena. En Galicia non é nativa, atopando soamente a súa especie irmá e híbrida: [o plátano común.

Na Turquía chámanlles Çinar (chinar) e recibe o nome de Chenar no Irán e mais na India.

Adoita atoparse de xeito natural nas marxes dos ríos, xunto a especies coma os amieiros, salgueiros e lamagueiros. Porén, é aboslutamente capaz de ter unha sobrevivencia con éxito en solos secos unha vez que se establece.

A espora que produce esta árbore causa unha reacción alérxica frecuente.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Platanus orientalis 1998, World Conservation Monitoring

licensa
cc-by-sa-3.0
drit d'autor
Autores e editores de Wikipedia

Plátano oriental: Brief Summary ( Galissian )

fornì da wikipedia gl Galician

O plátano oriental (Platanus orientalis), é unha grande árbore caducifolia da familia Platanaceae, amplamente distribuída e dunha longa vida.

licensa
cc-by-sa-3.0
drit d'autor
Autores e editores de Wikipedia