A herba dona ou pé de galiña (Fumaria officinalis), é unha planta herbácea anual da familia Papaveraceae, nativa de Europa, común en Galiza.
O termo Fumaria deriva do latín fumus (fume) posibelmente e segundo dixo Plinio o Vello, por mor a que o seu zume provoca un intenso lagrimexo, coma se se tratase de fume, así como polo seu cheiro, que tamén se lle asemella. Os antigos exorcistas, crían que se se queimaba esta planta, o seu fume escorrentaría os maos espíritos; existe, ademais, a lenda de que a planta non agromaba das sementes, senón do fume que saía do interior da terra.
En galego recibe os nomes vulgares de: herba fumaria, herba dona, pé de galiña, pirixel de can e herba do fogo[1].
É unha herba glabra, de talo erecto e ben ramificado, bastante difusa que acada os 50 cm de altura. Presenta follas pinnaticompostas, alternas, cos últimos folíolos case lineares. A comezos da primavera forma inflorescencias en acios terminais dunha ducia de flores cigomorfas, de até 9 mm de lonxitude cada un. As flores teñen o cáliz formado por dous sépalos pequenos, de cor abrancazada, ovados, co bordo dentado, máis angostos cá corola; esta está composta por catro pétalos unidos no ápice mais ceibos, dos cales o superior se prolonga nun espolón. O androceo é diadelfo, ou sexa con 6 estames fusionados polos seus filamentos en dous grupos, que semellan cada un deles dividido en 3 anteras. O xineceo amosa dous carpelos, co ovario súpero. O froito é un pequeño aquenio globoso estriado/engurrado, máis ou menos truncado.
Orixinaria de Europa; Linné, na súa diagnose orixinal, indica: «Habitat in Europae agris, cultis». Cosmopolita; introducida en América do Norte.
Medra en leiras, terreos cultivados ou chairas de solo medianamente seco.
A infusión lixeira utilízase coma hepatorregulador, diurético e laxante, e topicamente, para as afeccións do coiro cabeludo. Cómpre evitar a sobredose, pois os alcaloides que contén resultan cardiotóxicos en doses elevadas.
Na súa composición química atópanse, entre outros [2]:
Fumaria officinalis foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 700. 1753.[3]
Número de cromosomas de Fumaria officinalis (Fam. Papaveraceae) e táxones infraespecíficos: 2n=28[4] 2n=c.32[5]
Fumaria: nome xenérico do latín fumus = "fume", posibelmente pola cor ou polo cheiro das raíces frescas.[6]
officinalis: epíteto latino que significa "usado coma planta medicinal".[7]
A herba dona ou pé de galiña (Fumaria officinalis), é unha planta herbácea anual da familia Papaveraceae, nativa de Europa, común en Galiza.