Cronobacter sakazakii é o nome dunha especie bacteriana da familia das Enterobacteriaceae, que antes de 2007 recibía o nome de Enterobacter sakazakii (xa non válido).[2][3] Son bacterias gramnegativas, con forma de bacilo, patóxenas. Esta bacteria é ubicua e foi illada en moitos ambientes e alimentos. A maioría de casos de infección por Cronobacter sakazakii prodúcense en adultos, e ademais pode causar máis raramente unha infección invasiva en nenos pequenos, que historiacemente chegou a ter taxas de mortalidade elevadas (40–80%).[4][5][6]
En nenos pode causar bacteremia, meninxite e enterocolite necrotizante. Algunhas infeccións neonatais por C. sakazakii estiveron asociadas co consumo de leite en po maternizado contaminado coa bacteria.[4][6][7] Tamén pode contaminar outros produtos como tampóns.[8]
Os casos de meninxite neonatal producidos nos últimos 30 anos nun estudo feito en 6 países débense todos [9] a unha soa liñaxe xenética da especie Cronobacter sakazakii chamada "Secuencia Tipo 4" (ST4).[10].
Segundo os estudos de análise de secuencias multilocus, C. sakazakii orixinouse dentro do xeu xénero hai ~15-23 millóns de anos..[11]
Foi definida como especie, co nome Enterobacter sakazakii en 1980 por Farmer et al.. Pero posteriormente, os estudos de hibridación ADN-ADN mostraron que E. sakazakii estaba relacionada ao 53–54% con especies de dous xéneros diferentes, Enterobacter e Citrobacter. Porén, Farmer et al. suxeriron que os diversos biogrupos descritos de E. sakazakii podían representar en realidade diferentes especies e que se necesitaba máis investigación para aclaralo.[1]
As relacións taxonómicas entre cepas de E. sakazakii foron estudadas despois utilizando a secuenciación completa dos xenes de ARNr 16S, hibridación ADN-ADN, tipificación de secuencias multilocus (MLST), f-AFLP, e ribotipificación automatizada. Estes estudos concluíron coa clasificación de E. sakazakii no novo xénero Cronobacter dentro da familia Enterobacteriaceae.[2][3][12]
Inicialmente en 2007, no xénero estaba incluída Cronobacter sakazakii (que comprendía dúas subespecies), e tres especies máis e unha xenomoespecie. A taxonomía foi revisada en 2008 para incluír unha quinta especie chamada C. malonaticus, a cal en 2007 era considerada unha subespecie de C. sakazakii. Actualmente (2012), o xénero ten sete especies.
Cronobacter sakazakii é o nome dunha especie bacteriana da familia das Enterobacteriaceae, que antes de 2007 recibía o nome de Enterobacter sakazakii (xa non válido). Son bacterias gramnegativas, con forma de bacilo, patóxenas. Esta bacteria é ubicua e foi illada en moitos ambientes e alimentos. A maioría de casos de infección por Cronobacter sakazakii prodúcense en adultos, e ademais pode causar máis raramente unha infección invasiva en nenos pequenos, que historiacemente chegou a ter taxas de mortalidade elevadas (40–80%).
En nenos pode causar bacteremia, meninxite e enterocolite necrotizante. Algunhas infeccións neonatais por C. sakazakii estiveron asociadas co consumo de leite en po maternizado contaminado coa bacteria. Tamén pode contaminar outros produtos como tampóns.
Os casos de meninxite neonatal producidos nos últimos 30 anos nun estudo feito en 6 países débense todos a unha soa liñaxe xenética da especie Cronobacter sakazakii chamada "Secuencia Tipo 4" (ST4)..
Segundo os estudos de análise de secuencias multilocus, C. sakazakii orixinouse dentro do xeu xénero hai ~15-23 millóns de anos..