dcsimg
Plancia ëd Dysphania
Life » » Archaeplastida » » Angiosperms » » Amaranthaceae »

Dysphania ambrosioides (L.) Mosyakin & Clemants

Té bravo ( Galissian )

fornì da wikipedia gl Galician

O té bravo[2], de nome científico Dysphania ambrosioides, clasificada antano co basónimo Chenopodium ambrosioides[3], é unha planta da familia Amaranthaceae orixinaria de América. En Galicia tómase en infusión para tratar as doenzas dixestivas e dáselle tamén ó gando.

Naturalizada nas zonas de clima oceánico e mediterráneo de Europa e nas zonas de clima subtropical dos Estados Unidos de América[4].

Descrición

Planta anual ou bianual de ata 1 m, con follas oblongo-lanceoladas. Flores verdes discretas dispostas en panícula ramificada no ápice do talo. A especie é orixinaria de América e vive naturalizada en case toda a península Ibérica como ruderal e nitrófila. A planta ten un cheiro característico.

Etimoloxía

O nome do xénero deriva do grego disphanis; escuro, en referencia ás flores discretas[5]. O epíteto da especie deriva do grego ambrosia; non mortal, para referirse a algo que está reservado ós deuses.

Historia

Pensase que foi introducida en Europa por Francisco Hernández de Toledo, médico de Filipe II, no ano 1577. Menciona Francisco Hernández as súas virtudes medicinais como antihelmíntico (contra os parasitos intestinais) amais como antiespasmódico que lle outorgaban os nativos de Nova España.

Coñecese na lingua náhuatl coma epazōtl (epazote) e nas linguas quechuas coma payqu (paico).

 src=
Inflorescencia.

Propiedades medicinais

A planta, que ten un arrecendo característico, prepárase en infusión e ten un gusto agradable cando non está demasiado concentrada. O seu uso no tratamento de trastornos dixestivos é bastante antigo e está estendido de xeito especial no oeste da península Ibérica (Galicia, Estremadura, na parte occidental de Castela e León e no noroeste de Portugal). Dáselle tamén ó gando.

Tamén se utiliza coma axente antihelmíntico, especialmente efectivo fronte ó ascaris, anquilostoma e ós oxiuros, agás fronte ós tricocéfalos e a tenia; como anticatarral (contra o arrefriado), debido ó seu contido en ascaridol. É unha planta estreitamente relacionada coa Dysphania botrys, que se emprega para tratar a tose e probablemente trastornos dixestivos.

Empregado amais como antiespasmódico. Tamén se utiliza no tratamento doutras doenzas, para aliviar os seus síntomas.

 src=
Estrutura química en 3D do ascaridol.

Principios activos

  • aceite esencial (0,6-1%): *ascaridol (60-80%), este composto é tóxico e dun sabor pouco agradable. Presúmese que o contido de ascaridol é menor no "té bravo" de México que no de Europa e Asia.
  • Hidrocarburos terpénicos (20%): alfa-terpineno, limoneno, p-cimeno etc.[6]

Contraindicacións

Está contraindicado durante o embarazo e en caso de insuficiencia renal. Recoméndase a non prescrición do aceite esencial por vía interna. O aceite esencial pode producir cefaleas, vertixe, tremor de pés e mans, náuseas e vómitos sanguinolentos. En doses elevadas o aceite esencial pode orixinar irritación do parénquima renal e incluso a morte por parálise dos centros respiratorios bulbares.

Usos culinarios

Dysphania ambrosioides, denominada epazote ou paico nos países hispanoamericanos, é unha planta vivaz aromática que se emprega na gastronomía coma condimento en México e noutros países de Hispanoamérica, amais de planta medicinal.

 src=
Planta de té bravo.

Sinonimia

 src=
O té bravo está naturalizado en Galicia.

Notas

  1. The Plant List Arquivado 19 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine.; Chenopodium ambrosioides L., en inglés.
  2. Lorenzo Baleirón, Manuel (2008). Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga. Concello de Dodro. p. 284.
  3. Tropicos; Taxonomía da Dysphania ambrosioides (L.) Mosyakin & Clemants, en inglés.
  4. Maud Grieve (1931); A Modern Herbal, páxina 854. ISBN 0-486-22798-7
  5. Acta Plantarum; Etimoloxía de Dysphania, en italiano.
  6. Aceite esencial de Chenopodium ambrosioides L. Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine., en pdf. Universidad Nacional del Nordeste-UNNE (Arxentina).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Manuel Pardo de Santayana, Emilio Blanco, Ramón Morales (2005); Plants known as "té" in Spain: An ethno-pharmaco-botanical review, na revista Journal of Ethnopharmacology.
licensa
cc-by-sa-3.0
drit d'autor
Autores e editores de Wikipedia

Té bravo: Brief Summary ( Galissian )

fornì da wikipedia gl Galician

O té bravo, de nome científico Dysphania ambrosioides, clasificada antano co basónimo Chenopodium ambrosioides, é unha planta da familia Amaranthaceae orixinaria de América. En Galicia tómase en infusión para tratar as doenzas dixestivas e dáselle tamén ó gando.

Naturalizada nas zonas de clima oceánico e mediterráneo de Europa e nas zonas de clima subtropical dos Estados Unidos de América.

licensa
cc-by-sa-3.0
drit d'autor
Autores e editores de Wikipedia