dcsimg

Zifíidos ( Galissian )

fornì da wikipedia gl Galician

A dos zifíidos[1] (Ziphiidae) é unha familia de mamíferos cetáceos odontocetos, a única da superfamilia dos zifioideos, que inclúe os zifios.

Trátase da familia de grandes mamíferos menos coñecida: varias das súas especies non se descubriron até as dúas últimas décadas do século XX.

Os zifios son o segundo grupo de cetáceos en canto a número de especies, despois da familia dos golfiños, e foron un dos primeiros que diverxeron da liñaxe ancestral.

Os fósiles máis antigos encontráronse en sedimentos do mioceno, de hai uns 20 millóns de anos.

Características

 src=

Os membros desta familia teñen un tamaño medio (para cetáceos), comprendido entre os 2 e os 14 m de lonxitude, e un peso que vai desde 1 a 15 t. A súa principal característica distintiva é a presenza dun fociño fino, similar ao de moitos golfiños, pero aínda máis estreito e dous sucos que converxen na garganta. Tamén se caracterízan por teren a aleta caudal sen incisura, as pectorais e a dorsal pequenas, e esta última situada nunha posición moi posterior.[2]

Aínda que Tasmacetus shepherdi é unha excepción, a maioría das especies desta familia só tenen un ou dous pares de dentes, e incluso estes poden faltar nas femias. A miúdo presentan dimorfismo sexual marcado.[3]

Coñécese moi pouco sobre a vida destes cetáceos, e mesmo algunhas especies, estudadas a partir de exemplares mortos, nunca se observaron en vida, probabelmente debido a que os seus hábitats están en augas oceánicas, moi afastadas das costas. Actualmente coñécense unhas 20 especies, pero podería haber outras aínda descoñecidas.[2]

Taxonomía

Descrición

A familia foi descrita polo naturalista inglés John Edward Gray —segundo os autores— en 1850,[4] en Catalogue of the Mammalia in the collection of the British Museum, with descriptions of all the species and figures of the genera. Part I. Cetacea,[5] ou en 1865,[6] en Proc. Zool. Soc. Lond., 1865: 528.[6]

Etimoloxía

O nome da familia, Ziphiidae, foi cuñado por Gray e está formado, como é obrigatorio, sobre a base da raíz do nome do xénero elixido como tipo, Ziphius, -is, en xenitivo, é dicir, Ziphi-, engadíndolle a desinencia -ǐdae, propia das familias dos animais.

Sinonimia

Ao longo do tempo, a familia dos Ziphiidae coñeceuse tamén polos sinónimos:[4]

  • Ananarcinae Gill, 1871 (incorrecto gramaticalmente)
  • Heterodontidae Girard, 1852
  • Hyperoodontidae Gray, 1846
  • Xiphidae Ameghino, 1889
  • Ziphiinae Brandt, 1873 (Nota: véxase máis abaixo subfamilia dos zifiinos.)

Clasificación da familia dentro dos cetáceos

A familia dos zifíidos comprende unha superfamilia con 6 xéneros actuais cun total de 21 especies.

(Nota: os nomes vulgares galegos incluídos son os propostos por Lahuerta e Vázquez no seu Vocabulario).[7]

Orde Cetacea

Xéneros Incertae sedis

A discutida subfamilia dos zifiinos

Algúns autotes consideran, ademais, a subfamilia dos zifiinos,[8][9] que incluiría, entre os taxons con especies actuais, ademais do xénero Ziphius, o xénero Tasmacetus, ambos monoespecíficos. Porén, a maioría das bases de datos non recoñecen esta subfamilia, lntegrando ambas as especies na familia dos zifíidos.[10]

Notas

  1. zifíidos no dicionario da RAG
  2. 2,0 2,1 Zifios Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine. en Centro de Conservación Cetacea (CCC), de Chile.
  3. Christensen, Ivar (1984). Macdonald, D., ed. The Encyclopedia of Mammals. New York (Facts on File). pp. 210–211. ISBN 0-87196-871-1.
  4. 4,0 4,1 Ziphiidae Gray, 1850 no WoRMS,
  5. Ziphiidae Gray 1850 en Fossilworks.
  6. 6,0 6,1 Ziphiidae en MSW.
  7. Lauherta e Vázquez (2000), pp. 313-314.
  8. Ziphiinae Arquivado 28 de agosto de 2016 en Wayback Machine. no SLI da Universidade de Vigo.
  9. Ziphiinae Gray 1850 en Fossilworks.
  10. Ziphiinae Brandt, 1873 no WoRMS.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3.
  • Díaz d'a Silva, J. I. e Cartelle, Y. (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96893-20-7.
  • Duguy, R. e Robineau, D. (1987): Guía de los mamíferos marinos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0811-5.
  • Heyning, John E (2002): "Cuvier's Beaked Whale", en Jefferson, Thomas A. Encyclopedia of Marine Mammals, pp. 305–307. San Diego (California): Academic Press. ISBN 0-12-551340-2.
  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Perrin, William F., Bernd Wursig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego, California: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos

licensa
cc-by-sa-3.0
drit d'autor
Autores e editores de Wikipedia

Zifíidos: Brief Summary ( Galissian )

fornì da wikipedia gl Galician

A dos zifíidos (Ziphiidae) é unha familia de mamíferos cetáceos odontocetos, a única da superfamilia dos zifioideos, que inclúe os zifios.

Trátase da familia de grandes mamíferos menos coñecida: varias das súas especies non se descubriron até as dúas últimas décadas do século XX.

Os zifios son o segundo grupo de cetáceos en canto a número de especies, despois da familia dos golfiños, e foron un dos primeiros que diverxeron da liñaxe ancestral.

Os fósiles máis antigos encontráronse en sedimentos do mioceno, de hai uns 20 millóns de anos.

licensa
cc-by-sa-3.0
drit d'autor
Autores e editores de Wikipedia