A gamba rosada[2][3][4] ou listada,[3] ou aínda rubia, Aristeus antennatus (Risso, 1816) é unha especie de crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos, infraorde dos carideos e familia dos aristeidos.
Aristeus antennatus foi descrita 1816 polo naturalista nizardo Giuseppe Antonio Risso (coñecido como Antoine Risso), que a bautizoiu co nome de Penaeus antennatus.[5]
Ao longo da historia foi coñecida tamén polos seguintes sinónimos:[1]
Tras ser reclasificada dentro do xénero Aristeus, creado en 1840 polo médico e zoólogo francés Louis Georges Duvernoy (1777-1855).[6] dito nome constitúe o basónimo da especie.
Na bibliografía consultada só rexistran a especie Aristeus antennatus Rosa Ramonell que, na súa Guía dos mariscos de Galicia, lle adxudica os nomes de gamba rosada e gamba listada,[3] e Lahuerta e Vázquez, que no seu Vocabulario desígnana como gamba rosada.[4]
A este respecto cómpre sinalar que pode causar confusión o nome que se lle dá de gamba vermella, xa que este foi o elixido por Lahuerta e Vázquez para designar a Aristaeomorpha foliacea (Risso, 1827), especie que Ramonell denomina gamba roxa e chourizo.
De 15 a 17 cm de lonxitude,[3] algúns exemplares poden chegar até os 22.[7] As femias teñen o rostro longo e puntiagudo;[8]
A súa casca alcanza até 62 mm de longo nas femias e, o dos machos, até 45 mm.[9] Esta casca do cefalotórax é lisa, e presenta unha quilla dorsal, continuación do rostro. Este ten forma de estilete delgado e afiado na punta, claramente curvado e dirixido cara a arriba; na marxe superior ten tres dentes ma base, que continúa até a punta sen dentes, o mesmo que ocorre en toda a marxe inferior.[3]
Os segmentos abdominais quinto e sexto presentan quilla dorsal en toda a súa lonxitude, mentres que o terceiro e o cuarto só na súa metade posterior. Tosos os segmentos redmatan nunha pequena espiña. O telson é longo e estreito, comprimido lateralmente e rematado en punta.[3]
O corpo é de cor vermella viva, con bandas azuladas na casca e bandas claras no abdome, que lle dan un aspecto listado (ao que alude un dos nomes que lle dé a esta gamba Rosa Ranonell).[8]
Distribúese amplamente e é pescado no mar Mediterráneo, entre os 100 e 3.300 m de profundidade,[10] e encóntrase tamén no Atlántico oriental, en Galicia, Portugal e Cabo Verde.[7][8]
Aos mercado galegos chega conxelado, xa que os nosos barcos adoitan pescala en mares meridionais.[3]
Aliméntase principalmente de moluscos bivalvos e tamén consome outros crustáceos como Calocaris macandreae e anfípodos (pulgas de area), así como poliquetos e ofiuroideos. Aproveitan o fondo mariño e os machos, especialmente os de maior tamaño, arraigan máis profundamente no substrato.[11]
A gamba rosada ou listada, ou aínda rubia, Aristeus antennatus (Risso, 1816) é unha especie de crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos, infraorde dos carideos e familia dos aristeidos.