O ibis sagrado[2] (Threskiornis aethiopicus) é unha especie de ave pelecaniforme da familia Threskiornithidae[3][4] propia de rexións de África e Asia.
Posúe unha plumaxe branca no tronco, na base das ás, ventre e cola, e negra na testa e nos extremos das ás, que en reposo superan o longo da cola. De costumes diúrnas e gregarias, habita nas beiras dos ríos, lagos e augas estancadas, asociado con outras aves acuáticas de semellantes hábitos alimenticios como as cegoñas ou o marabú. Aliméntase principalmente de insectos e miñocas, ademais de crustáceos e pequenos réptiles, ós que captura co seu longo peteiro curvo.
O ibis sagrado era considerado un animal sagrado para os exipcios. Crían que era un mensaxeiro do deus Tot.
O ibis sagrado (Threskiornis aethiopicus) é unha especie de ave pelecaniforme da familia Threskiornithidae propia de rexións de África e Asia.