Phalanger orientalis é unha especie de mamífero marsupial australidelfo da orde dos diprotodontes, suborde dos falanxeroideos, familia dos falanxéridos, subfamilia dos falanxerinos e tribo do mesmo nome,[2], que é a especie tipo do xénero Phalanger, e que se coñece na bibliografía internacional como cuscús gris.[3][4]
Nativa do norte de Nova Guinea e illas menores adxacentes, agora tamén se encontra no arquipélago Bismarck, nas Molucas centrais e surorientais, nas illas Salomón e Timor, onde se cre que foi introducida en tempos prehistóricos.[1]
A especie foi descrita en 1766 polo médico e naturalista alemán Peter Simon Pallas, en Misc. Zool.: 61.[2] designándoa co nome de Didelphis orientalis.
Anteriormente foi considerada conespecífica coa alopátrica Phalanger intercastellanus e con P. mimicus e P. lullulae.[2]
O MSW recoñece as dúas subespecies seguintes:[2]
Porén, o NCBI só recoñece a segunda.[5]
O cuscús gris habita normalmente en hábitats perturbados, como xardíns, plantacións e bosques secundarios. Porén, esta especie tamén se pode encontrar en bosques primarios tropicais.[1]
Cando vivía en ambientes arbóreos, os cazadores da zona cren que os ocos das árbores eran o seu agocho preferido.[6]
En canto á súa área de dispersión, o cuscús gris encóntrase nas illas de Timor, tanto na parte pertencente a Indonesia como en Timor Oriental, nas de Wetar e Leti (ambas en Indonesia), nas illas Kai e numerosas illas das Molucas de Indonesia (incluíndo Ambon, Buru e Seram), tamén nas illas de Misool, Waigeo, Batanta e Salawati (todas de Indonesia) e se estende sobre gran parte da zona norte da illa de Nova Guinea, tanto na parte que pertence a Indonesia como en Papúa Nova Guinea, incluíndo numerosas pequenas illas.[1]
Crese que moitas das poboacións son o resultado de introducións prehistóricas, posibelmente incluíndo as de Timor, Seram, Buru, Sanana, as illas Kai, as do arquipélago Bismarck e a caena das illas Salomón.[1]
Os poboadores locais das rexións e países mencionados informaron que o cuscús gris pode encontrarse nas áreas boscosas especialmente nas selvas do Monzón costeiro e nos bosques galería remanentes da pluvisilva tropical.[6]
O nicho ecolóxico do cuscús gris é probabelmente o dun folívoro arborícola nocturno, con tendencias fruxívoras.[7][8][9]
En 1965, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) consideraba o status da especie como pouco coñecido, necesitándose máis datos. En 1966 cualificouna como LR (pouco risco) e, desde o 2008, cualifícaa como LC (pouco preocupante) debido á súa ampla área de distribución, a súa poboación grande e estábel, a que vive en varias áreas protexidas, á súa tolerancia ás zonas degradadas e á falta de grandes ameazas.[1]
Phalanger orientalis é unha especie de mamífero marsupial australidelfo da orde dos diprotodontes, suborde dos falanxeroideos, familia dos falanxéridos, subfamilia dos falanxerinos e tribo do mesmo nome,, que é a especie tipo do xénero Phalanger, e que se coñece na bibliografía internacional como cuscús gris.
Nativa do norte de Nova Guinea e illas menores adxacentes, agora tamén se encontra no arquipélago Bismarck, nas Molucas centrais e surorientais, nas illas Salomón e Timor, onde se cre que foi introducida en tempos prehistóricos.