dcsimg

Lucánidos ( Galissian )

fornì da wikipedia gl Galician
 src=
Vacaloura

Os lucánidos (Lucanidae) son un grupo dunhas 1 200 especies de escaravellos que constitúen unha familia, actualmente dividida en catro subfamilias.[1] Algunhas especies chegan a medrar ata os 12 cm de longo, pero a maioría miden uns 5 cm. O máis famoso deles en Galicia é a vacaloura, que é o insecto terrestre máis grande de Europa.

 src=
Dorcus curvidens macho (á esquerda) e femia (á dereita)

Os machos de moitas das especies teñen unhas distintivas mandíbulas agrandadas que parecen cornamentas.

O nome lucánidos procede do nome da rexión de Lucania en Italia. Plinio o Vello decatouse de que Nigidius (erudito e pretor romano) chamaba á vacaloura lucanus porque na rexión de Lucania era usada como amuleto.

Os machos dos lucánidos usan as súas mandíbulas para loitar contra outros machos polos sitios de apareamento preferentes de forma parecida ao que fan os cervos. Tamén poden loitar por comida, como secrecións de árbores ou froitos en descomposición. Malia a súa aparencia medoñenta, normalmente non son agresivos cos humanos.

As femias dos lucánidos son normalmente máis pequenas que os machos e con mandíbulas moito menores, pero aínda sendo mandíbulas máis pequenas, son máis poderosas ao morder que as dos machos.[2] Cando son larvas, as femias poden distinguirse dos machos pola presenza de ovarios graxos de cor crema visibles a través da pel á altura dos dous terzos da lonxitude do animal no dorso.

As larvas aliméntanse durante varios anos de madeira podre, pasando por tres estadios larvarios ata que finalmente pupan dentro dunha cela pupal construída con cachos de madeira dos arredores e partículas do solo. No estadio larvario final, "L3", as larvas das especies máis grandes, como Prosopocoilus giraffa, poden ter o tamaño dun dedo humano.

Algúns lucánidos grandes son utilizados como mascotas en Xapón.[3] En Galicia os cornos da vacaloura eran utilizados tradicionalmente como amuletos.

 src=
Alometría dos cornos do lucánido Prosopocoilus savagei

O tamaño dos cornos presenta variacións entre os individuos machos, denominada relación de escala ou alometría estática. As condicións ambientais durante o desenvolvemento afectan o tamaño absoluto dos cornos, pero tamén actúan factores xenéticos.

Os lucánidos son moi aprezados polos coleccionistas, e existe un comercio internacional, non sempre legal, con algunhas especies especialmente grandes ou vistosas. Na Península Ibérica figuran na lista de especies a protexer.

Taxonomía

A familia Lucanidae divídese nas seguintes subfamilias e tribos:[4]

Notas

  1. Smith, A.B.T. (2006). A review of the family-group names for the superfamily Scarabaeoidea (Coleoptera) with corrections to nomenclature and a current classification. The Coleopterists Bulletin 60:144–204.
  2. "How to help stag beetles" (PDF). wildlondon.org.uk. London Wildlife Trust. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de febreiro de 2017. Consultado o May 7, 2017.
  3. Lombardi, Linda (26 May 2014). "How to Care for Your Beetle". tofugu.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2018. Consultado o 11 de xullo de 2018.
  4. Bouchard, P., Bousquet, Y., Davies, A. E., Alonso-Zarazaga, M. A., Lawrence, J. F., Lyal, C. H., ... & Smith, A. B. (2011). Family-group names in Coleoptera (Insecta). ZooKeys, 88: 1–972

Véxase tamén

Bibliografía

Lista de lucánidos do Novo Mundo con ligazóns a páxinas con información adicional.

  • Toma Libich. "Goliathus.com: galería de imaxes".
  • "Gallery of Lucanidae". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2006. Consultado o 11 de xullo de 2018.
  • J M Maes. "Biodiversity: section on Lucanidae with a world catalogue and a world bibliography".
  • Asahinet Lucánidos en selos de correos e ilustracións.
  • Lucanes du Monde blog francés con moitas imaxes
  • TOL
  • UNL Guía xenérica de escarabellos do Novo Mundo- Lucanidae,
  • licensa
    cc-by-sa-3.0
    drit d'autor
    Autores e editores de Wikipedia

    Lucánidos: Brief Summary ( Galissian )

    fornì da wikipedia gl Galician
     src= Vacaloura

    Os lucánidos (Lucanidae) son un grupo dunhas 1 200 especies de escaravellos que constitúen unha familia, actualmente dividida en catro subfamilias. Algunhas especies chegan a medrar ata os 12 cm de longo, pero a maioría miden uns 5 cm. O máis famoso deles en Galicia é a vacaloura, que é o insecto terrestre máis grande de Europa.

     src= Dorcus curvidens macho (á esquerda) e femia (á dereita)

    Os machos de moitas das especies teñen unhas distintivas mandíbulas agrandadas que parecen cornamentas.

    O nome lucánidos procede do nome da rexión de Lucania en Italia. Plinio o Vello decatouse de que Nigidius (erudito e pretor romano) chamaba á vacaloura lucanus porque na rexión de Lucania era usada como amuleto.

    Os machos dos lucánidos usan as súas mandíbulas para loitar contra outros machos polos sitios de apareamento preferentes de forma parecida ao que fan os cervos. Tamén poden loitar por comida, como secrecións de árbores ou froitos en descomposición. Malia a súa aparencia medoñenta, normalmente non son agresivos cos humanos.

    As femias dos lucánidos son normalmente máis pequenas que os machos e con mandíbulas moito menores, pero aínda sendo mandíbulas máis pequenas, son máis poderosas ao morder que as dos machos. Cando son larvas, as femias poden distinguirse dos machos pola presenza de ovarios graxos de cor crema visibles a través da pel á altura dos dous terzos da lonxitude do animal no dorso.

    As larvas aliméntanse durante varios anos de madeira podre, pasando por tres estadios larvarios ata que finalmente pupan dentro dunha cela pupal construída con cachos de madeira dos arredores e partículas do solo. No estadio larvario final, "L3", as larvas das especies máis grandes, como Prosopocoilus giraffa, poden ter o tamaño dun dedo humano.

    Algúns lucánidos grandes son utilizados como mascotas en Xapón. En Galicia os cornos da vacaloura eran utilizados tradicionalmente como amuletos.

     src= Alometría dos cornos do lucánido Prosopocoilus savagei

    licensa
    cc-by-sa-3.0
    drit d'autor
    Autores e editores de Wikipedia