dcsimg

Nelumbo ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Nelumbo é o único xénero representante da familia das Nelumbonaceae, plantas coñecidas tamén como lotos,[1] malia que é un nome xenérico que se aplica tamén en varias outras plantas e grupos de plantas, como o xénero non relacionado Lotus. O vocábulo "nelumbo" deriva do cingalés: නෙළුම් neḷum, o nome para o loto Nelumbo nucifera.[2]

Só existen dúas especies vivas deste xénero. A Nelumbo nucifera é nativa de Asia e é amplamente cultivada. Pódese comer e é empregada na medicina tradicional chinesa. Esta especie é o símbolo floral da India e de Vietnam. A outra especie é Nelumbo lutea e é nativa de América do Norte e o Caribe.

Unha terceira especie é a extinta Nelumbo aureavallis, coñecida por fósiles do Eoceno atopados en Dacota do Norte, nos Estados Unidos de América.

Especies

Este xénero só conta con dúas especies:

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para loto.
  2. Hyam, R. & Pankhurst, R.J. (1995). Oxford University Press, ed. Plants and their names : a concise dictionary. Oxford. ISBN 978-0-19-866189-4.

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Nelumbo: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Nelumbo é o único xénero representante da familia das Nelumbonaceae, plantas coñecidas tamén como lotos, malia que é un nome xenérico que se aplica tamén en varias outras plantas e grupos de plantas, como o xénero non relacionado Lotus. O vocábulo "nelumbo" deriva do cingalés: නෙළුම් neḷum, o nome para o loto Nelumbo nucifera.