As Malpighiales son unha das meirandes ordes de plantas con flor, comprendendo arredor de 16000 especies, approximadamente o 7.8% das eudicotiledóneas.[1] A orde é moi diversa e difícil de recoñecer agás con evidencia filoxenética molecular. Non forma parte de ningún dos sistemas de clasificación que se basean só na morfoloxía vexetal. Os cálculos a través do reloxo molecular estiman a orixe do grupo troncal das Malpighiales en arredor de 100 millóns de anos e a do grupo coroa das Malpighiales en arredor de 90 millóns de anos.[2]
As Malpighiales divídense en entre 32 e 42 familias, dependendo de a que clado lle damos o rango taxonómico de familia.[3] Na última revisión do Angiosperm Phylogeny Website, mantido polo botánico Peter F. Stevens, membro do Angiosperm Phylogeny Group, recoñéncense 39 familias, 716 xéneros e 15935 especies.[1]. A meirande familia é, de lonxe, as Euforbiáceas, con máis de 6000 especies.[4]
Nun estudo realizado en 2009 de secuencias de ADN de 13 xenes, 42 familias puxéronse en 16 grupos, cun tamaño que abranguía dunha a dez familias. Case nada se coñece sobre as relacións entre eses dezaseis grupos.[3] Malpighiales e Lamiales son as dúas grandes ordes nos que a súa filoxenia sen resolver.[5]
As Malpighiales son un membro do grupo supraordinal chamado clado COM, que consiste nas ordes Celastrales, Oxalidales e Malpighiales.[6] Algún autor inclúe unha cuarta orde, Huales, separándoa da familia Huaceae dentro da súa propia orde, separada das Oxalidales.[7]
Algúns estudos recentes colocan ás Malpighiales como irmá das Oxalidales sensu lato (incluíndo as Huaceae),[3][8] mentres outros atoparon unha topoloxía diferente para o clado COM.[2][6][9]
O clado COM fai parte dun grupo non xerárquico coñecido como Fabidae ou eurosids I.[10] Fabidae fai parte dun grupo que hai tempo que está recoñecido, Rosidae.[11]
O botánico sueco Linnaeus deulle o nome ao xénero de Malpighia na honra da obra de Marcello Malpighi sobre as plantas ; Malpighia é o xénero tipo das Malpighiaceae, unha familia de plantas con flor tropicais e suptropicais.
A familia das malpighiáceas foi a familia tipo para unha das ordes creadas por Jussieu na súa obra de 1789 Genera Plantarum.[12] Friedrich von Berchtold e Jan Presl describírona como unha orde en 1820.[13] A diferenza dos taxonomistas modernos, eses autores non fixeron uso do sufixo "ales" ao denominaren as súas ordes. Atribúese o nome "Malpighiales" a Carl von Martius.[11], pero foi o botánico John Hutchinson, quen o utilizou nas tres edicións de The Families of Flowering Plants.[14] pero caeu en desuso.
A primeira vez que apareceu a forma Malpighiales como se coñece agora foi nun estudo filoxenético de espermatófitas publicado en 1993 baseado na secuencia de ADN do xene rbcL.[15] Este traballo recuperou un grupo de rósidas que non se asemellaba aos grupos atopados en ningún sistema previo de clasificación biolóxica. Para romper claramente cos sistemas de clasificación utilizados na época, o Angiosperm Phylogeny Group resucitou o nome de Hutchinson, a pesar que o seu concepto de Malpighiales incluía moito do que agora está en Celastrales e Oxalidales.[16]
Malpighiales é monofilético e en estudos de filoxenia molecular recibe un forte soporte estatístico.[1] Desde que se publicou o sistema APG II en 2003, fixéronse algúns cambios menores na circunscrición da orde. A familia Peridiscaceae expandiuse de dous a tres xéneros e máis tarde a catro e pasou ás Saxifragales.[3][17]
Os xéneros Cyrillopsis (Ixonanthaceae), Centroplacus (Centroplacaceae), Bhesa (Centroplacaceae), Aneulophus (Erythroxylaceae), Ploiarium (Bonnetiaceae), Trichostephanus (Samydaceae), Sapria (Rafflesiaceae), Rhizanthes (Rafflesiaceae) e Rafflesia (Rafflesiaceae) engadíronse ou confirmáronse como membros das Malpighiales a finais de 2009.[3]
Mudou tamén a delimitación dalgunhas familias, o caso máis notable é a segregación das Calophyllaceae das Clusiaceae sensu lato cando se demostrou que estas últimas eran parafiléticas.[3] Tamén existen algunhas diferenzas de opinión sobre a delimitación das familias, é o caso das Samydaceae e Scyphostegiaceae que poden ser recoñecidas como familias ou incluídas dentro dunha versión máis grande das Salicaceae.[18]
A filoxenia das Malpighiales é, no seu nivel máis fondo unha politomia non resolvida de 16 clados. Estímase que para a resolución completa da filoxenia precísanse cando menos 25000 par de bases de secuencia de datos de ADN por taxon.[19] Existe unha situación semellante cos Lamiales que se analizou con algún detalle.[20] A árbore filoxenética de embaixo débese a Wurdack e Davis (2009). O soporte estatístico para cada póla é unha porcentaxe do 100% bootstrap e 100% de probabilidade a posteriori, agás que se indique, coa porcentaxe bootstrap seguida da probabilidade a posteriori.
Malpighiales 98/100 84/100 84/100 Rhizophoraceae s.l. 99/100 Chrysobalanaceae s.l. Ochnaceae s.l. clusioids 92/98 phyllanthoids 90/90 85/100 parietal clade 76/98 82/100 Passifloraceae s.l. Salicaceae s.l.As Malpighiales son unha das meirandes ordes de plantas con flor, comprendendo arredor de 16000 especies, approximadamente o 7.8% das eudicotiledóneas. A orde é moi diversa e difícil de recoñecer agás con evidencia filoxenética molecular. Non forma parte de ningún dos sistemas de clasificación que se basean só na morfoloxía vexetal. Os cálculos a través do reloxo molecular estiman a orixe do grupo troncal das Malpighiales en arredor de 100 millóns de anos e a do grupo coroa das Malpighiales en arredor de 90 millóns de anos.
As Malpighiales divídense en entre 32 e 42 familias, dependendo de a que clado lle damos o rango taxonómico de familia. Na última revisión do Angiosperm Phylogeny Website, mantido polo botánico Peter F. Stevens, membro do Angiosperm Phylogeny Group, recoñéncense 39 familias, 716 xéneros e 15935 especies.. A meirande familia é, de lonxe, as Euforbiáceas, con máis de 6000 especies.
Nun estudo realizado en 2009 de secuencias de ADN de 13 xenes, 42 familias puxéronse en 16 grupos, cun tamaño que abranguía dunha a dez familias. Case nada se coñece sobre as relacións entre eses dezaseis grupos. Malpighiales e Lamiales son as dúas grandes ordes nos que a súa filoxenia sen resolver.