dcsimg

Visón europeo ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O visón europeo (Mustela lutreola) é un mamífero pertencente á familia dos mustélidos.

Características

Posúe unhas orellas curtas e redondas. O pelame é pardo escuro cos beizos e queixo máis claros. Vive nas proximidades da auga e mergúllase con facilidade. A súa alimentación é completamente animal: roedores, ras, peixes, aves acuáticas ou ovos.

Distribución

A principios do século XX o visón estaba estendido por toda Europa. Dende entón ten sido perseguido, reducindo a súa poboación a puntos específicos da Europa Occidental. Tamén ten sido desprazado do seu hábitat polo visón americano.

Referencias

  1. Maran, T., Skumatov, D., Palazón, S., Gomez, A., Põdra, M., Saveljev, A., Kranz, A., Libois, R. & Aulagnier, S. (2011). "Mustela lutreola". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2011.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 18 January 2012.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Visón europeo: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O visón europeo (Mustela lutreola) é un mamífero pertencente á familia dos mustélidos.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician