Falicpennis falcipennis é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das dúas que integran o xénero Falcipennis.
É un tetraonino propio da Siberia oriental (incluída a illa de Sakhalin), de tamaño mediano, estreitamente asociado á taiga. Moi semellante ao seu conxénere Falcipennis canadensis, co que está estreitamente relacionado é, coma este, unha das pitas do monte máis arborícolas, ben adaptada para moverse e pousar nas árbores.
É moi semellante en tamaño, forma e coloración da plumaxe ao seu conxénere Falcipennis canadensis, co que está estreitamente relacionado é, coma este, unha das pitas do monte máis arborícolas, ben adaptada para moverse e pousar nas árbores.[2]
Distribúese no Distrito Federal Oriental de Siberia (Rusia), desde aproximadamente 120 °L até as beiras do mar de Okhotsk e a illa de Sakhalin, até os proximadamente 60 °N, ao norte, e ao sur até a rexión inferior do río Amur e as montañas Sikhote-Alin e, polo menos anteriormente, até as montañas Xiao Hinggan Ling, en Heilongjiang, China,[1] nos krais de Khabarovsk e Primorie, nos óblasts de Amur e Sakhalin, e no óblast Autónomo Hebreo.
A pequena poboación que hai anos habitaba no extremo nordeste da China está probabelmente extinta.[4]
Esta pita do monte de Siberia vive en bosques de coníferas (taiga), principalmente de piceas, abetos, lárices e piñeiros e, aínda que tamén se ve en bosques secundarios, evita as áreas abertas e as últimas etapas da sucesión ecolóxica dos bosques.[1]
Esta especie foi descrita en 1855 polo médico e zoólogo alemán Gustav Hartlaub.[3]
Primeiramente estivo clasificada dentro do xénero Dendragapus, como Dendragapus falcipennis, pero posteriormente foi integrada no xénero Falcipennis.[2]
Véxase Falcipennis.
Non se recoñece ningunha subespecie.[3][5]
Dadas as similitudes entre moitas das especies dos tetraoninos, non hai acordo unánime sobre a taxonomía do xénero Dengragapus.
Así, por exemplo, o Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS), só considera como válida a especie Dengragapus obscurus,[3] considerando a Dendragapus fuliginosus como unha subespecie desta, Dendragapus obscurus fuliginosus (Ridgway, 1873),[6] utilizando como fonte a Zoonomen - Zoological Nomenclature Resource, 2005.05.23.
Outros consideran a especie Dendragapus falcipennis, que a maioría clasifican como Falcipennis falcipennis.[1][7][8]
Finalmente, outros consideran a Dendragapus canadensis, especie definida por Linneo como Tetrao canadensis Linnaeus, 1758, que a maioría dos autores clasifican tamén dentro do xénero Falcipennis, como Falcipennis canadensis.[9]
Suponese que a súa poboación está diminuíndo debido á corta en gran escala de árbores, os incendios forestais e a caza para obter alimento. Informouse que desaparece rapidamente das áreas colonizadas, aparentemente porque no lle teme ao home e, polo tanto, pódeselle disparar facilmente.[1]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o status da especie como NT (case amenazada) porque é probábel que esté experimentando un declive poblacional moderadamente rápido debido á caza e á corta de árbores, e probabelmente tenña unha poboación moderadamente pequena.[1]
Falicpennis falcipennis é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das dúas que integran o xénero Falcipennis.
É un tetraonino propio da Siberia oriental (incluída a illa de Sakhalin), de tamaño mediano, estreitamente asociado á taiga. Moi semellante ao seu conxénere Falcipennis canadensis, co que está estreitamente relacionado é, coma este, unha das pitas do monte máis arborícolas, ben adaptada para moverse e pousar nas árbores.