O chacal de lombo negro (Canis mesomelas) é un membro da familia canidae nativo de dúas áreas de África separadas por 900 km. Unha das rexións abrangue a parte sur do continente, incluíndo Suráfrica, Namibia, Botswana e Cimbabue. A outra área esténdese pola costa leste do continente, en Kenya, Somalia, Djibuti e Etiopía. A súa situación está clasificada pola IUCN como pouco preocupante, debido a súa ampla distribución e adaptabilidade, malia que é perseguido por ser un depredador e por portar o vector da rabia.[1]
Comparado con outros membros do xénero Canis, o chacal de lombo negro é unha especie antiga, que evolucionou pouco dende o Plistoceno,[2] sendo o cánido máis basal xunto co chacal raiado.[3] É un cánido con aspecto de raposo[4] con pel avermellada e unha mancha negra que percorre dende os ombreiros até a base do rabo.[5] É un animal monógamo, cuxas crías poden ficar coa familia para axudar a criar novas xeracións.[6]
O chacal de lombo negro (Canis mesomelas) é un membro da familia canidae nativo de dúas áreas de África separadas por 900 km. Unha das rexións abrangue a parte sur do continente, incluíndo Suráfrica, Namibia, Botswana e Cimbabue. A outra área esténdese pola costa leste do continente, en Kenya, Somalia, Djibuti e Etiopía. A súa situación está clasificada pola IUCN como pouco preocupante, debido a súa ampla distribución e adaptabilidade, malia que é perseguido por ser un depredador e por portar o vector da rabia.
Comparado con outros membros do xénero Canis, o chacal de lombo negro é unha especie antiga, que evolucionou pouco dende o Plistoceno, sendo o cánido máis basal xunto co chacal raiado. É un cánido con aspecto de raposo con pel avermellada e unha mancha negra que percorre dende os ombreiros até a base do rabo. É un animal monógamo, cuxas crías poden ficar coa familia para axudar a criar novas xeracións.