A dos falanxéridos[1] (Phalangeridae) é unha familia de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos diprotodontes e suborde dos falanxeroideos,[2] coñecidos vulgarmente na bibliografía internacional, entre outros nomes, como pósums, falanxeiros e cuscuses.
A dos falanxéridos é a familia que posúe unha maior diversificación de todas as que habitan o continente australiano e as illas próximas. Son os únicos marsupias australianos (xunto con algúns parentes, como o coala) cuxa vida se desenvolve entre as pólas das árbores dos bosques e cuxo réxime alimenticio é basicamente fitófago.[3]
Talvez os máis distiguidos membros da familia sexan os pósums, diminutos animais de costumes nocturnos cuxo nome (pósums ou oposums) indica a semellanza coas sarigüeias do continente suramericano. Algo maiores e de máis elevado peso son os falanxeros e os cuscús (xénero Phalanger), de movementos lentos, que recordan aos preguiceiros de Suramérica. Por outra parte, pola súa face, na que destacan uns ollos enormes e saltóns, así como polos seus movementos gabeadores, producen a impresioón de seren estraños simios.[3]
Son pequenos marsupiais xeralmente arborícolas de nocturnos e fitófagos. Durante o día permanecen nos seus niños formados nos troncos ocos das árbores, dos que saen a buscar comida durante a noite, endémicos de Australia e Nova Guinea.
Ocupan o mesmo nicho ecolóxico que os primates arborícolas que habitan outros continentes.[3] Aínda que arborícolas, algúns, como Trichosurus vulpecula , poden alimentarse no solo. As especies de cola prénsil, teñen os ollos situados en posicón frontal, e nos aos lados da cabeza.
Afamilia foi descrita en 1888 polo zoólogo británico Oldfield Thomas en Cat. Marsup. Monotr. Brit. Mus.: 126, e comprende as subfamilias, tribos, xéneros e especies seguintes:[2]
Familia Phalangeridae
A dos falanxéridos (Phalangeridae) é unha familia de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos diprotodontes e suborde dos falanxeroideos, coñecidos vulgarmente na bibliografía internacional, entre outros nomes, como pósums, falanxeiros e cuscuses.
A dos falanxéridos é a familia que posúe unha maior diversificación de todas as que habitan o continente australiano e as illas próximas. Son os únicos marsupias australianos (xunto con algúns parentes, como o coala) cuxa vida se desenvolve entre as pólas das árbores dos bosques e cuxo réxime alimenticio é basicamente fitófago.
Talvez os máis distiguidos membros da familia sexan os pósums, diminutos animais de costumes nocturnos cuxo nome (pósums ou oposums) indica a semellanza coas sarigüeias do continente suramericano. Algo maiores e de máis elevado peso son os falanxeros e os cuscús (xénero Phalanger), de movementos lentos, que recordan aos preguiceiros de Suramérica. Por outra parte, pola súa face, na que destacan uns ollos enormes e saltóns, así como polos seus movementos gabeadores, producen a impresioón de seren estraños simios.