dcsimg

Piñeiro de Chile ( галициски )

добавил wikipedia gl Galician

O piñeiro de Chile , araucaria de Chile ou pehuén (Araucaria araucana) — é unha especie arbórea pertencente a xénero de coníferas Araucaria da familia Araucariaceae. É unha especie arbórea endémica do distrito do Pehuén dos bosques subantárticos, no extremo noroeste da Patagonia arxentina e no centro-sur de Chile, estando distribuída en zonas moi restrinxidas do cordal dos Andes e, en menor grao, na cordal da Costa chileno.

 src=
Araucaria araucana (poboación andina).
 src=
Araucaria araucana (poboación da cordilleira de Nahuelbuta).
 src=
Piñeiros de Chile no inverno, no Parque Nacional Conguillío.

Distribución

 src=
Araucaria araucana en Nahuelbuta.
 src=
Araucaria araucana (poboación andina).
 src=
Araucaria araucana (poboación andina) no Parque Nacional Conguillío.

Distribúense en dúas poboacións:

Estado de conservación

A especie está protexida en grandes áreas de conservación en ambos os dous países onde tamén está prohibida a talla. O maior risco son os incendios forestais. En Chile foi declarada Monumento Natural. Na Patagonia arxentina é protexida no parque nacional Lanín, e nos parques provinciais Copahue, Chañy, Batea Mahuida, e Boca del Chimehuin.[3]

En Chile protéxese dende hai anos polos mapuches e pehuenches, que a coidaban coma un ben alimenticio polo pehuen, o seu froito, e que despois coa nacionalización e expansión de Chile se continúa protexendo en grandes extensións mediante parques, reservas e monumentos naturais de Chile, por mor á súa reducida distribución. Protéxese nos Parques Nacionais Conguillío, Tolhuaca, Laguna del Laja, Huerquehue, e en Villarrica.

Ecoloxía

Vexeta en terreos arxilosos,[4] rochosos e areentos con boa drenaxe, polo común de orixe volcánica, en alturan onde a neve fica no chan boa parte do inverno, e xeralmente en locais de baixas temperaturas estivais.

Áchase asociada a bosques mixtos de lenga, ñirre e coihue, mais polo xeral ten tendencia a formar bosques puros.

Por mor a medraren tan amodo téñense rexistrado araucarias que acadan os 1000 anos de idade.

Nos Andes atópase medrando unicamente a máis de800 msnm, e de xeito óptimo en cotas de 1000 msnm, chegando até os 1700 msnm.[4] Tamén posúe outra poboación en Chile, que medra no Cordal de Nahuelbuta, na zona costeira da Rexión da Araucanía, onde se distribúe dende os 600 aos 1400 msnm,[4] presentando os exemplares desa cordilleira chilena, pequenas diferenzas respecto da poboación dos Andes, aínda que non o suficiente para constituír outra variedade taxonómica.[4] Téñense descrito 8 cultivares.

Características

É unha árbore perenne, de até 50 m de altura, co tronco recto, cilíndrico, ás veces moi groso (3 ou máis metros). A ramificación comeza a varios metros do chan; nos exemplares máis vellos, disponse en verticilos de 5 pólas que se estenden perpendiculares ao toro; estas pólas son flexíbeis e teñen follas agrupadas cara os extremos.

As follas son de extrema dureza e están provistas dun mucrón (espiño) na punta, de cor verde escura. As follas son de 3 a 4 cm de longo e están dispostas de xeito imbricado sobre a franza, onde fican por varios anos.

Existen plantas masculinas e femininas, con diferenzas morfolóxicas nas placas que forman a casca e nas flores, sendo moito máis vistosas as femininas.

 src=
Mapa do Distrito fitoxeográfico do Pehuén.

Importancia económica e cultural

Forestal

A madeira da araucaria é compacta, liviá, doada de traballar e dunha cor abrancazada amarelenta, por iso é moi apreciada para labores de construción e carpintaría; antigamente os toros rectos e cilíndricos empregábanse para a fabricación de mastros para embarcacións. Hoxe en día a talla está prohibida.

Ornamental

É unha árbore de xardín moi popular, polo curioso efecto que xeran as súas pólas largas, con aspecto de réptil e cunha grande aparencia simétrica. Prefire climas oceánicos con abundante choiva, tolera temperaturas de até −20 °C. É o membro máis resistente do xénero, podendo medrar ben até no norte das Illas Feroe e Ålesund[5] en Noruega occidental, a costa oeste de América do Norte (ao norte nas Haida Gwaii (Illas da Raíña Carlota) no Canadá, en Nova Zelandia e Australia. Dáse moi ben tamén no norte da península Ibérica, medrando perfectamente en Galiza, Asturias ou Cantabria).[6] É tolerante á salinidade da beiramar, mais sensíbel á polución.

Árbores senlleiras en Galiza

Como dixemos, o piñeiro de Chile adáptase moi ben ao clima húmido galego. Atopamos araucarias monumentais en moitos parques e arboredos de Galiza. O piñeiro de Chile do Castelo de Soutomaior, en Soutomaior (Pontevedra), figura no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Alimentaria

As semente, chamadas popularmente piñóns, son comestíbeis e teñen un alto valor nutricional. Constitúen a base da dieta dos pehuenches (pobo indíxena de montaña que forma parte da cultura mapuche e mora a ambos lados do cordal dos Andes no centro sur de Chile e suroeste da Arxentina). Por isto, a especie ten futuro potencial como cultura alimentaria, prosperando en climas con veráns oceánicos frescos (ex. Norte de Galiza, Escocia occidental) e onde outros cultivos de noces non medran ben. O inconveniente é que non produce sementes até os 25 anos de idade.

Cultural

É unha especie importante para a cultura mapuche, moi especialmente para a etnia pehuenche (mapundungun «xente do pehuén», nome nativo desta especie arbórea). É a árbore símbolo da provincia arxentina de Neuquén, onde incluso dende o ano 1958 integra o escudo provincial]].[7]

 src=
Escudo da Provincia de Neuquén.

En Chile foi declarado monumento natural o 26 de abril de 1976.[8]

Taxonomía

Araucaria araucana foi descrita por Juan Ignacio Molina e K. Koch, e publicado en Dendrologie 2(2): 206, no ano 1873.[9]

Sinonimia

Galería de imaxes

Notas

  1. Hechenleitner V., P., M. F. Gardner, P. I. Thomas, C. Echeverría, B. Escobar, P. Brownless y C. Martínez A. (2005). Universidade Austral de Chile e Real Xardín Botánico de Edimburgo., ed. Plantas Amenazadas del Centro-Sur de Chile. Distribución, Conservación y Propagación. (Primeira Edición. ed.). p. 188.
  2. Unión Internacional para a Conservación da Natureza e os Recursos Naturais (IUCN) (2011). "The IUCN Red List of Threatened Species: Araucaria araucana" (en inglés). www.iucnredlist.org. Consultado o 15 de agosto de 2011.
  3. Chebez, J. C. (2005) Guía de las reservas de la Argentina. Tomo I: Patagonia Norte. Editorial Albatros.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Rodríguez R., Roberto; Matthei, O. & Quezada, Max (1983). Flora Arbórea de Chile. Editorial da Universidade de Concepción, Chile. p. 408. páxina 65
  5. "Araucaria araucana en Ålesund, Noruega". Scanpalm. Consultado o 27-06-2009.
  6. "Araucaria araucana en Cantabria".
  7. "El escudo de Neuquén en el sitio web oficial de la provincia.". Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2012. Consultado o 19 de xuño de 2013.
  8. Ministerio de Agricultura de Chile (26 de abril de 1976). "Decreto 29 de 1976 del Ministerio de Agricultura" (HTML). Consultado o 28 de febreiro de 2011.
  9. Piñeiro de Chile en Trópicos
  10. Piñeiro de Chile en PlantList

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Bailey, L. H. & E. Z. Bailey. 1976. Hortus Third i–xiv, 1–1290. MacMillan, New York.
  • Hokche, O., P. E. Berry & O. Huber. 2008. Nuev. Cat. Fl. Vas. Venezuela 1–860. Fundación Instituto Botánico de Venezuela, Caracas, Venezuela.
  • Killeen, T. J., E. García Estigarribia & S. G. Beck. (eds.) 1993. Guia Arb. Bolivia 1–958. Herbario Nacional de Bolivia & Missouri Botanical Garden, La Paz.
  • Marticorena, C. & M. Quezada. 1985. Catálogo de la Flora Vascular de Chile. Gayana, Bot. 42: 1–157.
  • Zuloaga, F. O., O. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Catálogo de las Plantas Vasculares del Cono Sur (Argentina, Sur de Brasil, Chile, Paraguay y Uruguay). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107(1): i–xcvi, 1–983; 107(2): i–xx, 985–2286; 107(3): i–xxi, 2287–3348.

лиценца
cc-by-sa-3.0
авторски права
Autores e editores de Wikipedia
изворно
посети извор
соработничко мреж. место
wikipedia gl Galician

Piñeiro de Chile: Brief Summary ( галициски )

добавил wikipedia gl Galician

O piñeiro de Chile , araucaria de Chile ou pehuén (Araucaria araucana) — é unha especie arbórea pertencente a xénero de coníferas Araucaria da familia Araucariaceae. É unha especie arbórea endémica do distrito do Pehuén dos bosques subantárticos, no extremo noroeste da Patagonia arxentina e no centro-sur de Chile, estando distribuída en zonas moi restrinxidas do cordal dos Andes e, en menor grao, na cordal da Costa chileno.

 src= Araucaria araucana (poboación andina).  src= Araucaria araucana (poboación da cordilleira de Nahuelbuta).  src= Piñeiros de Chile no inverno, no Parque Nacional Conguillío.
лиценца
cc-by-sa-3.0
авторски права
Autores e editores de Wikipedia
изворно
посети извор
соработничко мреж. место
wikipedia gl Galician