Os Melanotaénidos (Melanotaeniidae) son unha familia de peixes de auga doce e estuarios de río, pertencente á orde dos Ateriniformes (Atheriniformes). Son peixes distribuídos por ríos tropicais do sueste de Asia e Oceanía, hoxe moi apreciados como peixes de acuario polas súas cores chamativas.
Teñen un corpo comprimido lateralmente e de lonxitude máxima de 12 cm. Dúas aletas dorsais separadas por un pequeno espazo, a primeira con 3 a 7 espiñas e a segunda con 6 a 22 radios brandos (nalgunhas especies, o primeiro é unha espiña robusta). A liña lateral adoita estar ausente ou ben pouco definida. As escamas, relativamente grandes.
Presentan coloracións vistosas, estando os machos normalmente moito máis coloreados cás femias.
Divídense en sete xéneros [1] con 75 especies válidas: