dcsimg

Frundo ( galicien )

fourni par wikipedia gl Galician

O frundo[1] (Myrica gale) é unha especie vexetal, pertencente á familia das miricáceas. Trátase dun arbusto dioico de folla caduca de cor verde escura na face e con peluxe no envés, flores en amento e froito en drupa.

Distribución

A planta medra nas zonas oligotróficas de Europa, Asia e América do Norte. Aparece en Galicia, especialmemte no norte de país.

 src=
Follaxe.
 src=
Ilustración.
 src=
Detalle da planta
 src=
Ilustración

Hábitat

Polo xeral, medra na turba aceda de turbeiras, e para facer fronte a estas difíciles condicións de pouco nitróxeno, a raíz ten que fixar o nitróxeno con actinobacterias que permiten ás plantas medraren.

Características

Trátase dun arbusto caducifolio que acada os 1–2 m de altura. As follas están dispostas en espiral, simples, de 2–5 cm de longo, oblanceoladas cónicas cunha base máis ampla e punta, e unha engurrada ou finamente dentada marxe. As flores son amentos (candeas) con masculinas e femininas en diferentes plantas (dioico). O froito é unha pequena drupa.

Propiedades

As follas conteñen un óleo esencial rico en terpenos mais de composición variada. Os principais compoñentes son o a -pineno, o 1,8 cineol, o mirceno e o limoneno. Ademais tamén se reportaron o ß -cadineno, o 11-selineno-4-ol, o ß -terpineno, o p -cimeno, o cariofileno, o 4,11-selinadieno, o ß -elemenoneno, o xermacrone e outros.

Usos

Algunhas receitas que o empregan foron reportadas en Suecia, Inglaterra e o Norte de Francia. No pasado, as súas follas recendentes ofrecían un aroma aínda a quen non podían custear o uso das especias importadas, entre eles, os campesiños de Europa Central e do Norte.

No entanto, historicamente, a aplicación máis importante desta especie foi durante o aromatizado da cervexa. O proceso de obtención deste produto constitúe unha arte antiga de Europa Central e Occidental; no cal o lúpulo (Humulus lupulus) representa unha pequena parte da historia medieval. É así que os fabricantes usaban unha gran cantidade de plantas aromáticas, sendo o frundo un dos máis eficientes así como máis baratos. Como resultado, no período renacentista existiron unha multitude de variedades deste produto.

A súa casca emprégase polo carácter adstrinxente do tanino que contén.

As follas do frundo posúen un aroma moi agradábel que se ve incrementado ao enxugalas. O seu sabor é similar aínda que lixeiramente amargo e adstrinxente.

Usos en Galicia

As follas do frundo téñense empregado en Galicia para escorrentar insectos. Frei Martín Sarmiento dicía no século XVIII que se apañaba para benzoar con outros vexetais o día de Ramos, porque se cría que con estas varas azoutaran a Cristo[2]. Tamén se puñan os ramallos entre a roupa para o seu recendo. As súas flores substituían o lúpulo para a fabricación da cervexa.

Taxonomía

Myrica gale foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 1024. 1753.[3]

Sinonimia
  • Gale belgica Dumort.
  • Gale portugalensis (Mirb. ex DC.) A. Cheval.
  • Gale palustris Chev.
  • Gale uliginosa Spach
  • Myrica palustris Lam.
  • Myrica rothmaleriana P.Silva[4]
  • Gale commune J.Presl
  • Myrica brabantica Gray
  • Myrtus brabantica Garsault[5]
Nome vulgar
  • Frundo, fundo, fundiño[6].

O nome frundo podería vir de fronde e fruncio de frutice. E fungo e funguiño do verbo fungar, cheirar, polo recendo das follas[7]

Notas

  1. Nome vulgar galego e definición en Portsl das Palabras
  2. Martín Sarmiento (1745): Viaje que el Padre Sarmiento hizo a Galicia el año de 1745, ed. de J. L. Pensado Tomé (Universidade de Salamanca, 1975)
  3. "Frundo".
  4. Sinónimos en
  5. "Frundo".
  6. Nomes vulgares galego recollidos por Martín Sarmiento (1754-1758): Catálogo de voces vulgares y en especial de voces gallegas de diferentes vegetables, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca en 1986)
  7. Martín Sarmiento

Véxase tamén

licence
cc-by-sa-3.0
droit d’auteur
Autores e editores de Wikipedia
original
visiter la source
site partenaire
wikipedia gl Galician

Frundo: Brief Summary ( galicien )

fourni par wikipedia gl Galician

O frundo (Myrica gale) é unha especie vexetal, pertencente á familia das miricáceas. Trátase dun arbusto dioico de folla caduca de cor verde escura na face e con peluxe no envés, flores en amento e froito en drupa.

licence
cc-by-sa-3.0
droit d’auteur
Autores e editores de Wikipedia
original
visiter la source
site partenaire
wikipedia gl Galician