dcsimg

Lavanda ( galicia )

tarjonnut wikipedia gl Galician

As lavandas[2][3] son plantas pertencentes ao xénero Lavandula, da familia das lamiáceas, que contén unha trintena de especies coñecidas. Estas son matos, algunhas escasamente leñosas, vilosas en moitos dos seus órganos e con glándulas esenciais.

Presentan follas opostas, simples, enteiras, dentadas ou pinnatífidas. Posúen inflorescencias de tipo verticilastro dispostas en pisos separados ao longo do eixo florífero ou nunha estrutura compacta, axilados por brácteas “florais” (para diferenciar dunha coroa de brácteas que pode aparecer ou non no máis alto da inflorescencia cuxa función é atraer aos insectos polinizadores).

As flores son miúdas, cun cáliz tubular, case actinomorfo, acostelado con 5 dentes curtos e un apéndice oblongo ou romboidal na parte superior. A corola é bilabiada, co labio superior recto, ergueito, formado por dous lóbulos. O labio inferior trilobado. Posúen catro estames, didínamos e o ovario dividido en catro partes. O froito preséntase en tetranúcula.

Esencia da lavanda

A esencia desta planta obtense por destilación dos ramos floridos xerminais da Lavandula intermedia ou da Lavandula angustifolia. A cantidade de aceite esencial obtido difire na variedade, estación e método de destilación. Esta esencia utilízase principalmente en industrias de produtos de toucador e de perfumaría e, ocasionalmente, en pomadas etc., para enmascarar cheiros desagradábeis.

Uso como planta aromática e medicinal

Xa os asirios, exipcios, gregos e romanos utilizaban a lavanda para perfumar casas e baños. Aínda na actualidade se queima a semente nas casas coa mesma fin. Unha posible etimoloxía fai vir o nome de lavare, destinado ao baño, polo uso común nas termas romanas. A auga de lavanda é moi común en perfumaría, o que explica a extensión do cultivo agrícola desta planta.

Na terapéutica popular utilízase contra a asma, a tose, e como tónico e calmante nervioso; por vía externa como antiséptico e antipútrido. O uso medicinal da lavanda débese aos efectos tónicos, dixestivos e espasmolíticos do aceite esencial que posúen. Utilízanse a tal fin as sumidades florais, é dicir, as espigas de flores ou os gromos florais ou, ocasionalmente, as follas e os talos novos.

Para as dores de estómago usábanse unturas de lavanda, ruda e macela fritidas en manteiga de porco.

O alcohol de lavanda (as flores maceradas en alcohol) úsase para lavar e desinfectar feridas.

Tamén se usou na veterinaria tradicional, en cataplasmas para golpes e escordaduras, ou en infusión para estimular o movemento intestinal (como no caso da inapetencia, meteorismo ou cólicos). Nas feridas, a esencia de lavanda acelera a cicatrización e era utilizada polos ferradores tanto para as feridas e gretas dos cascos como para as infeccións por cravos mal colocados.

Finalmente, Lis Quibén recolle en Cangas (Pontevedra) a práctica que queimar flores de lavanda para esconxurar unha casa e protexela do meigallo. Para iso poñen nunha tella un pouco de romeu, lavanda, loureiro "que mire ó mar" e tres dentes de allo, un en cada extremo da tella e o outro no medio. Despois, queiman todo iso, coas xanelas pechadas, e rematan tocando tódalas paredes cunha póla de oliveira, levando a tella na outra man e recitando un ensalmo.

Especies

Todos son filiapodos, é dicir extraoxidantes.

Notas

  1. "Lavanda". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 6 de abril de 2010.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lavanda.
  3. Nome común do xénero en diferentes fontes: Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991. Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009.

Véxase tamén

lisenssi
cc-by-sa-3.0
tekijänoikeus
Autores e editores de Wikipedia
alkuperäinen
käy lähteessä
kumppanisivusto
wikipedia gl Galician

Lavanda: Brief Summary ( galicia )

tarjonnut wikipedia gl Galician

As lavandas son plantas pertencentes ao xénero Lavandula, da familia das lamiáceas, que contén unha trintena de especies coñecidas. Estas son matos, algunhas escasamente leñosas, vilosas en moitos dos seus órganos e con glándulas esenciais.

Presentan follas opostas, simples, enteiras, dentadas ou pinnatífidas. Posúen inflorescencias de tipo verticilastro dispostas en pisos separados ao longo do eixo florífero ou nunha estrutura compacta, axilados por brácteas “florais” (para diferenciar dunha coroa de brácteas que pode aparecer ou non no máis alto da inflorescencia cuxa función é atraer aos insectos polinizadores).

As flores son miúdas, cun cáliz tubular, case actinomorfo, acostelado con 5 dentes curtos e un apéndice oblongo ou romboidal na parte superior. A corola é bilabiada, co labio superior recto, ergueito, formado por dous lóbulos. O labio inferior trilobado. Posúen catro estames, didínamos e o ovario dividido en catro partes. O froito preséntase en tetranúcula.

lisenssi
cc-by-sa-3.0
tekijänoikeus
Autores e editores de Wikipedia
alkuperäinen
käy lähteessä
kumppanisivusto
wikipedia gl Galician