A papuxa gabián (Sylvia Nisoria) é unha ave da familia das Sylviidae.
A papuxa gabián ten unha lonxitude duns 15 cm e pesa uns 30 gramos. O corpo enteiro é de cor gris exceptuando a parte inferior máis clara e barrada, similar ó deseño dos gabiáns. Ollos amarelos. Os machos e femias non presentan diferenzas morfolóxicas. Habita en zonas de matogueiras, alimentándose de insectos, bagas e arañas.
A época de cría vai dende maio a xullo, consistindo a posta en 5 ou 6 ovos. O tempo de incubación sitúase ó redor dos 14 días, permanecendo os polos preto de 15 días no niño.
Común en toda Europa Oriental, dende Polonia e Eslovenia ata as rexións dos Cáucaso. Rara en Europa Occidental e na costa Mediterránea.
A papuxa gabián (Sylvia Nisoria) é unha ave da familia das Sylviidae.