A dos lacértidos,[3] taxonomicamente Lacertidae, é unha familia de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios e infraorde dos escincomorfos, que comprende especies de pequeno tamaño coñecidas vulgarmente en galego como lagartas,[4] e outras de maior tamaño como os lagartos,[5][6] que viven en Europa, África e Asia.
É unha familia moi diversa con polo menos 300 especies distribuídas en 39 xéneros. O grupo inclúe o xénero Lacerta, que contén algunhas das especies de lagartos máis comúns en Europa.
En Galicia pódense atopar con maior ou menor abundancia dez especies de lacértidos, pertencentes aos xéneros Acanthodactylus, Iberolacerta, Lacerta, Podarcis, Psammodromus, Timon e Zootoca.[7]
A familia foi descrita en 1811 polo zoólogo, especializado en herpetoloxía, e taxónomo alemán Nicolaus Michael Oppel.[8][9]
O nome científico Lacertidae está formado sobra a base do xénero tipo, Lacerta coa adición do sufixo do latín científico -idae, propio dos nomes das familias de animais.
Ademais do nome actualmente válido, a familia coñeceuse tamén polos sinónimos (ambos nomes de subfamilias):
A clasificación en subfamilias, tribos e xéneros dada aquí segue a presentada por Arnold et al., 2007, baseada en análises filoxenéticas.[10]
Familia Lacertidae Oppel, 1811
As relacións filoxenéticas entre os xéneros dos lacértidos móstranse no seguinte cladograma, segundo Arnold et al., (2007).[10]
Lacertidae Gallotiinae Lacertinae LacertiniOs lacértidos son especies de pequeno (lagartas) ou mediano tamaño (lagartos). A maioría delas miden menos de 9 cm de longo, sen contar a cola, aínda que o lagarto arnal pasa dos 15 cm, e a especie máis grande viva, Gallotia stehlini, chega aos 46 cm, e algunhas especies extintas eran aínda meirandes. Son principalmente insectívoros.[11] Unha excepción é Meroles anchietae, que é unha pequena lagarta que come regularmente sementes, e vive no deserto do Namib (Namibia) e o suroeste de Angola.[12]
Todos son moi similares en forma, con corpos delgados e longas colas, pero teñen patróns moi variados de coloración, mesmo entre poboacións da mesma especie. As súas escamas son grandes na cabeza, que a miúdo ten osteodermos, e son pequenas e granulares no dorso, e rectangulares no ventre. A maioría das especies son sexualmente dimórficas, e os machos e femias adoitan ter coloracións diferentes, e as femias son normalmente de menor tamaño que os machos.[11]
A maioría ds especeis son ovíparas, pero tamén hai casos de ovoviviparismo e viviparismo. Polo menos oito especies que viven no Cáucaso son partenoxenéticas,[13][14] e tres especies dan á luz as crías, como algunhas poboacións da lagarta das brañas (Zootoca vivipara), especie presente en Galicia.[11][15]
As especies europeas e maditerráneas viven principalmente en bosques e matogueiras.[11] As especies dos xéneros Eremias e Ophisops substitúenas nos hábitats de praderías e desertos de Asia. As especies africanas viven xeralmente en zonas rochosas e áreas áridas. Holaspis é un dos poucos xéneros arborícolas, e a súa única especie, Holaspis guentheri, é planadora (aínda que non é moi habilidosa), xa que usa a súa longa cola e corpo aplanado como un plano aerodinámico para lanzarse a planar desde as árbores.[16]
Nota: Nesta árbore pódese apeciar a proximidade entre os xéneros Lacerta e Timon, o que explica que as especies deste último estivesen tantos anos incluídos no primeiro. (Ver ambos os artigos destes xéneros).
A dos lacértidos, taxonomicamente Lacertidae, é unha familia de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios e infraorde dos escincomorfos, que comprende especies de pequeno tamaño coñecidas vulgarmente en galego como lagartas, e outras de maior tamaño como os lagartos, que viven en Europa, África e Asia.
É unha familia moi diversa con polo menos 300 especies distribuídas en 39 xéneros. O grupo inclúe o xénero Lacerta, que contén algunhas das especies de lagartos máis comúns en Europa.
En Galicia pódense atopar con maior ou menor abundancia dez especies de lacértidos, pertencentes aos xéneros Acanthodactylus, Iberolacerta, Lacerta, Podarcis, Psammodromus, Timon e Zootoca.