As cuculiformes son, segundo a ordenación taxonómica tradicional, unha orde de aves anatomicamente próximas ás psittaciformes. Coma estas teñen dous dedos anteriores e dous posteriores (cigodáctilas), pero as súas patas son menos prénsiles, cunha musculatura diferente. O bico non ten a parte superior móbil e en forma de gancho coma no caso das psittaciformes e tampouco teñen "cera" nas fosas nasais. As cuculiformes son aves de tamaño mediano, de entre 35 e 65 cm. de lonxitude. Sus extremidades presentan dos pares de dedos enfrontados (cigodáctilas).
A orde dividiuse tradicionalmente en tres familias:
De tódolos xeitos a taxonomía da orde é moi controvertida na actualidade. A clasificación de Sibley-Ahlquist eleva a familia Musophagidae a rango de orde, co nome de Musophagiformes, e a situación do hoatzin, segue a ser enigmática e propúxose incluílo nunha orde propia, a orde Opisthocomiformes.
A familia Cuculidae, que inclúe unhas 140 especies, das que máis de 50 practican o parasitismo reprodutor, é a máis característica da orde. Está composta de aves de tamaño medio e forte dimorfismo sexual. O xénero Crotophaga, da familia Cuculidae constitúe segundo algúns unha familia propia, Crotophagidae.
As cuculiformes son, segundo a ordenación taxonómica tradicional, unha orde de aves anatomicamente próximas ás psittaciformes. Coma estas teñen dous dedos anteriores e dous posteriores (cigodáctilas), pero as súas patas son menos prénsiles, cunha musculatura diferente. O bico non ten a parte superior móbil e en forma de gancho coma no caso das psittaciformes e tampouco teñen "cera" nas fosas nasais. As cuculiformes son aves de tamaño mediano, de entre 35 e 65 cm. de lonxitude. Sus extremidades presentan dos pares de dedos enfrontados (cigodáctilas).
A orde dividiuse tradicionalmente en tres familias:
Cuculidae, que inclúe os cucos. Opisthocomidae, cunha sóa especie, o hoatzín. Musophagidae, composta polos turacos e outras aves relacionadas.De tódolos xeitos a taxonomía da orde é moi controvertida na actualidade. A clasificación de Sibley-Ahlquist eleva a familia Musophagidae a rango de orde, co nome de Musophagiformes, e a situación do hoatzin, segue a ser enigmática e propúxose incluílo nunha orde propia, a orde Opisthocomiformes.