A dos parastacoideos (Parastacoidea) é unha superfamilia de crustáceos da orde dos decápodos, suborde dos pleociemados e infraorde dos astacideos que foi descrita en 1879 polo biólogo británico Thomas Henry Huxley. A superfamilia conta cunha soa familia, a dos parastácidos.[2]
Os parastácidos forman un grupo de cangrexos de auga doce propios do hemisferio sur, e constitúe un taxon clásico que se distribuíu polo antigo continente de Gondwana, polo que comprende especies que viven en América do Sur, Madagascar, Australia, Nova Zelandia e Nova Guinea, encontrándose tamén taxons extintos na Antártida.
A maioría das especies actuais son endémicas de Australia e as illas do Pacífico Sur. Así, máis do 85 % das especies coñecidas viven en Australia. Así mesmo, nove dos catorce xéneros recoñecidos actualmente (por algúns autores) dentro da damilia dos parastácidos están restrincidas ao continente australiano e ás illas próximas (incluíndo o sur de Nova Guinea).[3][4]
A fauna de cangrexos de río da Australasia é única e moi diversa, tanto en termos de riqueza de especies como na súa diversidade ecolóxica e morfolóxica.[5]
Por exemplo, esta fauna contén o maior invertebrado coñecido de auga doce (Astacopsis gouldi) e as máis altamente evolucionadas lagostas de terra (como as do xénero Engaeus) que son capaces de completar o seu ciclo de vida independentemente das augas superficiais.[5]
En canto ao número de cangrexos de río, variabilidade morfolóxica e diversidade ecolóxica, esta fauna só é superada pola dos Estados Unidos de América.[5]
Superfamilia Parastacoidea Huxley, 1879
Segundo o World Register of Marine Species:[1]
Segundo o Sistema Integrado de Información Taxonómica:
Segundo BioLib:
Tres xéneros emcóntranse en Chile, Virilastacus, Samastacus e Parastacus, o último dos cales tamén conta con poboacións disxuntas no sur do Brasil e no Uruguai.
Non hai especies da familia na África continental, pero si sete en Madagascar, todas do xénero Astacoides.[7]
Australasia é particularmente rica nestes cangrexos de río. O pequeno xénero Paranephrops é endémico de Nova Zelandia. E dous xéneros, Astacopsis e Parastacoides, son endémicos de Tasmania, mentres que outros dous, Geocharax e Engaeus, encóntranse a ambos os lados do estreito de Bass.
Porén, a maior diversidade encóntrase no continente australiano. Tres xéneros son endémicos e teñen áreas de dispersión restrinxidas (Engaewa, Gramastacus e Tenuibranchiurus), mentres que dous están moito máis estendidos e comprenden, entámbolos dous, máis de cen especies: Euastacus, distribuído ao longo da costa australiana desde Melbourne a Brisbane, e Cherax, de Australia e Nova Guinea.
Os máis antigos espécimes da familia dos parastácidos son os de Palaeoechinastacus, fósiles do albiense de Victoria, Australia.[8]
O único representante no hemisferio norte é o fósil Aenigmastacus crandalli, do Canadá.[9]
Paranephrops sp.
A dos parastacoideos (Parastacoidea) é unha superfamilia de crustáceos da orde dos decápodos, suborde dos pleociemados e infraorde dos astacideos que foi descrita en 1879 polo biólogo británico Thomas Henry Huxley. A superfamilia conta cunha soa familia, a dos parastácidos.