Mancopsetta é un xénero de peixe osteíctio da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos aquiropsétidos que compende unha soa especie, Mancopsetta maculata distribuída por augas antárticas e subantárticas.
O xénero foi establecido en 1881 polo ictiólogo estadounidense Theodore Gill.[1]
A especie foi descrita por primeira vez en 1880 polo zoólogo británico de orixe alemá Albert Günther, quen a denominou Lepidopsetta maculata, sendo despois reclasificada dentro do xénero Mancopsetta, polo que o nome válido actual é Mancopsetta maculata (Günther, 1880).
Ademias de polo nome orixinario, e o actual, ao longo do tempo esta especie foi coñecida polos sinónimos:[2]
O nome científico Mancopsetta está formado polo adxectivo latino mancus, -a, -um, "manco", e o nome científio Psetta [nome feminino] ("rodaballo"). O nome específico, maculata deriva da forma feminina doutro adxectivo latino, maculātus, -a, -um, "manchado" (derivado de macǔla, -ae, "mancha"). Literalmente: "o rodaballo manco" [aludino á ausencia ou brevidade das aletas pectorias dos membros da familñia dos Achiropsettidae] "manchado".
Na actualidade na especie algúns autores recoñecen, como o SIIT,[3] (non así no WoRMS,[2] nin na FishBase[4]) dúas subespecies:
As peincipais caracaterístiocas morfolóxicas deste peixe son:[4]
É un peixe mariño bentónico, demersal, que vive a profundidades de entre os 100 e os 1.115 m,[6] entre os 37° S o os 67° S, no océano Antártico e no sur do Atlántico e do Índico.[4] Chega polo norte até a plataforma continental e o talude continental da Arxentina, as Malvinas e á illa do Príncipe Eduardo.[7] Tamén fopi rexistrado en Chile.[8]
Os adultos habitan nas plataformas continentais, e as larvas e os xuvenís en augas máis superficiais.[9]
Mancopsetta maculata é unha especie comercial,. que se pesca activamente no sur dos océanos Atlántico e Índico.[5]
Mancopsetta é un xénero de peixe osteíctio da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos aquiropsétidos que compende unha soa especie, Mancopsetta maculata distribuída por augas antárticas e subantárticas.