dcsimg

Liocarcinus zariquieyi ( الجاليكية )

المقدمة من wikipedia gl Galician

Liocarcinus zariquieyi é un crustáceo decápodo braquiúro da subfamilia dos portunoideos e familia dos portúnidos propio do mar Mediterráneo, e de dubidosa presenza en augas galegas.[1] É un cangrexo moi semellante a Liocarcinus pusillus, e durante moito tempo estas dúas especies foron confundidas.

Taxonomía

A especie coñecida hoxe como Liocarcinus zariquieyi foi recoñecida por primeira vez por Bruno Parisi en 1915, ao darse de conta de que a especie coñecida entón como Portunus pusillus comprendía dous taxons diferentes.[2]

A especie foi recoñecida durante a revisión de dúas especies descritas orixinalmente no xénero Portunus por Parisi, Portunus pusillus e Portunus parvulus. Parisi erroneamente afirmou, porén, que das súas dúas especies P. parvulus era a nova. Pero, de feito, a súa P. pusillus" foi a nova especie. Isto foi recoñecido polo carcinólogo holandés Lipke Holthuis en 1958, pero era consciente de que Gordon estaba preparando unha revisión e continuou usando os nomes de Parisi.[2]

En 1968, Gordon publcou un artigo na revista Crustaceana, separando a Macropipus zariquieyi da especie que por entón se convertera en Macropipus pusillus (agora Liocarcinus pusillus) e elixiu como holotipo un espécime de Sorrento, recollido a unha profundidade de 60 m.[2]

O nome específico zariquieyi conmemora a Ricardo Zariquiey Álvarez, que recoñecera as dúas especies en augas españolas e proporcionou material a Gordon que permitiu a esta describir a nova especie.[2]

Sinónimos

A especie recoñécese hoxe, segundo o World Register of Marine Species, polo sinónimo:[3]

  • Polybius zariquieyi Gordon, 1968

Pero tamén por:

  • Macropipus zariquieyi Gordon, 1968

que foi o nome que lle asignou Isabella Gordon.[2]

Características

O cacho deste cangrexo, lixeiramente máis largo que longo e notoriamente convexo, presenta a superficie dorsal lisa, con pequenas quillas ou liñas transversais na rexión posterior. A fronte moi proxectada cara a diante, con tres lóbulos, o central lixeiramente máis longo que os laterais, e estes notoriamente máis obtusos. A marxe anterolateral ten cinco dentes, sendo o quinto o máis pequeno, obtuso e non tan fortemente curvado como os anteriores.[1] A casca, segundo Froglia e Manning, ten unha anchura comprendida etre os 7,4 e os 12,7 mm nos machos, e de até os 13,4 mm nas femias.[4]

Os quelípodos son semellanes; a superficie dorsal do carpo ás veces presenta unha quilla en forma de "V" invertido, o proceso cartpal é bastante agudo e a marxe externa do carpo só arredondada. O propodio presenta dúas quillas lonxitudinais na cara dorsal, sendo a cara extyerna lisa. Os pereiópodos do segundo ao quinto par (patas marchadoras) son moderadamente robustos; o dáctilo do quinto par é caso oval, adaptado á natación.[1]

O abdome do macho ten os segmentos terceiro a quinto fusioandos; na femia son libres.[1]

Diferénciase das outras especies do "grupo pusillus" (Liocacinus maculatus e Liocarcinus pusillus) por ter unha casca máis suave. Ademais, os dentes da súa marxe anterolateral son arredonados na punta, e o cuarto é máis grande que o quinto; e o carpo (segmento 4) é máis curto que o propodio (segmento 6) no terceiro e cuarto pereiópodos en L. zariquieyi que en L. pusillus ou L. maculatus.[4]

Distribución e hábitat

Liocarcinus zariquieyi encóntrase no mar Mediterráneo e as illas Canarias. Un único espécime, nas coleccións de Alfred Merle Norman, suxire a súa presenza na costa leste de Gran Bretaña.[4]

Vive na zona subitoral, entre os 5 o os 10 m de profunudidade,[4][5] especialmente sobre substratos de area grosa e grava.[4]

En Galicia

Os datos de distribución desta especie son confusos, e non se ten citado expresamente a súa presenza en augas galegas. Aínda que Ricardo Zariquiey Álvarez a cita para o Atlántico oriental, desde Plymouth a Canarias, e para o Mediterráneo,[5] parece ser que a cita para Plymouth presenta certas dúbidas.[6] Por isto é pouco probábel a súa presenza en Galicia.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 González Gurriarán, Eduardo e Matilde Méndez G. (1985), pp. 86-87.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Isabella Gordon (1968). "Correction to Parisi's "Portunus pusillus" and "Portunus parvulus n. sp." from the Mediterranean (Decapoda, Brachyura)". Crustaceana 14 (3): 319–320. JSTOR 20102962. doi:10.1163/156854068x00935.
  3. Liocarcinus zariquieyi Gordon, 1968 no WoRMS.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Carlo Froglia & Raymond B. Manning (1982). "Notes on Liocarcinus pusillus (Leach) and related species" (PDF). Quaderni del Laboratoria di Tecnologia della Pesca 3 (2-5): 257–266.
  5. 5,0 5,1 Zariquiey Álvarez, R. (1968): Crustáceos decápodos ibéricos. Barcelona: Consejo Superior de Investigaciones Científicas. Patronato Juan de la Cierva. Serie: Investigación pesquera, 32.
  6. Ingle, R. W. (1980): Brirish carabs. London: British Museum (Natural History). Oxford Universiry Press, p. 222.

Véxase tamén

Bibliografía

ترخيص
cc-by-sa-3.0
حقوق النشر
Autores e editores de Wikipedia
النص الأصلي
زيارة المصدر
موقع الشريك
wikipedia gl Galician

Liocarcinus zariquieyi: Brief Summary ( الجاليكية )

المقدمة من wikipedia gl Galician

Liocarcinus zariquieyi é un crustáceo decápodo braquiúro da subfamilia dos portunoideos e familia dos portúnidos propio do mar Mediterráneo, e de dubidosa presenza en augas galegas. É un cangrexo moi semellante a Liocarcinus pusillus, e durante moito tempo estas dúas especies foron confundidas.

ترخيص
cc-by-sa-3.0
حقوق النشر
Autores e editores de Wikipedia
النص الأصلي
زيارة المصدر
موقع الشريك
wikipedia gl Galician