Os Mesomycetozoea (ou clado DRIP ou Ichthyosporea) son un pequeno grupo de protistas, principalmente parasitos de peixes e outros animais.
O grupo non ten características morfolóxicas especialmente distintivas, e nos tecidos hóspede onde se atopan aparecen como esferas ou óvalos dilatados que conteñen esporas, e a maioría foron clasificados orixinalmente en varios grupos de fungos, protozoos e algas. Porén, forman un grupo coherente nas árbores filoxenéticas moleculares, estreitamente relacionado cos animais e os fungos, polo que son interesantes para os biólogos que estudan as súas orixes. O seu nome indica a súa posición nas árbores filoxenéticas no medio ("Meso-") dos fungos ("-myceto-") e os animais ("-zoea"). Nun estudo de 2008 este clado emerxe firmemente como un grupo irmán do clado Filozoa, o cal inclúe os animais.[1]
Philip Donoghue, despois de realizar tomografías de raios X de microfósiles da Formación Doushantuo ediacárica (ver fauna de Ediacara), interpretou estes microfósiles como cápsulas de esporas de mesomicetozoos.[2]
O nome DRIP que se lle dá a este clado é un acrónimo que se utilizou para o primeiro protozoo identificado membro deste grupo,[3] Cavalier-Smith posteriormente considerou o grupo como unha clase denominada Ichthyosporea, xa que eran todos parasitos de peixes. As letras significan:
Como despois se engadiron novos membros ao grupo (por exemplo, as antigas ordes de fungos Eccrinales e Amoebidiales), Mendoza et al. suxeriu cambiarlles o nome a Mesomycetozoea, que indica a súa posición evolutiva entre os fungos e os animais.[4] Nótese que o nome Mesomycetozoa (acabado en zoa en vez de en zoea) tamén se usa para referirse a este grupo[5], pero Mendoza et al. úsano como un nome alternativo do filo Choanozoa.[4]
Os Mesomycetozoea (ou clado DRIP ou Ichthyosporea) son un pequeno grupo de protistas, principalmente parasitos de peixes e outros animais.