A dos falanxeriformes (Phalangeriformes) é unha suborde de mamíferos marsupiais australidelfos, unha das tres que forman a orde dos diprotodontes,[1] coñecidos vulgarmente na bibliografía internacional, entre outros nomes, como pósums, petauros, falanxeros, cuscús e acróbatas.
Son pequenos marsupiais arborícolas endémicos de Australia, Nova Guinea e as Célebes, con pelo de cor gris ou café, cun tamaño que varía entre os 7 e os 50 cm.
Son animais nocturnos e omnívoros. Durante o día permanecen nos seus niños formados nos troncos ocos das árbores, dos que saen a buscar comida durante a noite.
Ocupan o mesmo nicho ecolóxico que os esquíos do hemisferio norte aos que se perecen na súa aparencia.
Suborde Phalangeriformes Szalay in Archer, 1982
A dos falanxeriformes (Phalangeriformes) é unha suborde de mamíferos marsupiais australidelfos, unha das tres que forman a orde dos diprotodontes, coñecidos vulgarmente na bibliografía internacional, entre outros nomes, como pósums, petauros, falanxeros, cuscús e acróbatas.