dcsimg

Amazona imperialis ( الجاليكية )

المقدمة من wikipedia gl Galician

O Amazona imperialis é un papagaio que habita só na illa caribeña de Dominica.[2] Foi nomeado como o paxaro nacional de Dominica.[3]

Distribución e hábitat

 src=
A especie representada na bandeira de Dominica.

O Amazona imperialis é unha especie endémica da illa nación caribeña de Dominica, nas Antillas Menores, onde habita nas selvas de montaña por enriba dos 625 m.[4] É o paxaro nacional da illa.[5] A especie é común en Morne Diablotins no norte de Dominica, especialmente no val do río Picard, na zona noroeste das montañas.[6] Unha pequena poboación foi reintroducida no Parque Nacional Morne Trois Pitons.[7]

A especie é común nas selvas húmidas de montaña, e ás veces en bosque baixo.[8] É común en elevacións entre os 600 e os 1300 m sobre o nivel do mar.[6] Porén, tense rexistrado a súa presenza a 150 e 300 metros de altitude na busca de comida.[8]

Notas

  1. "Amazona imperialis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2013. Consultado o 26 de novembro de 2013.
  2. "ADW: Amazona imperialis". Animal Diversity Web. Consultado o 14 de setembro de 2017.
  3. "National Bird". Government of the Commonwealth of Dominica. Consultado o 15 de setembro de 2017.
  4. Johnson, Sibylle. Imperial Amazon / Imperial Parrot Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine.. 22 de outubro de 2013.
  5. "Imperial Amazon (Amazona imperialis)" Arquivado 04 de xullo de 2010 en Wayback Machine. Rare Species Conservatory Foundation. Consultado o 24 de outubro de 2013.
  6. 6,0 6,1 Carbone, Jim. Amazona imperialis. 2001. Consultado o 23 de outubro de 2013.
  7. BirdLife. Amazona imperialis. 20 Arquivado 11 de novembro de 2012 en Wayback Machine.. Consultado o 24 de outubro de 2013.
  8. 8,0 8,1 Juniper, Tony, and Mike Parr. Parrots: a guide to parrots of the world. New Haven: Yale University Press, 1998.

Véxase tamén

ترخيص
cc-by-sa-3.0
حقوق النشر
Autores e editores de Wikipedia
النص الأصلي
زيارة المصدر
موقع الشريك
wikipedia gl Galician

Amazona imperialis: Brief Summary ( الجاليكية )

المقدمة من wikipedia gl Galician

O Amazona imperialis é un papagaio que habita só na illa caribeña de Dominica. Foi nomeado como o paxaro nacional de Dominica.

ترخيص
cc-by-sa-3.0
حقوق النشر
Autores e editores de Wikipedia
النص الأصلي
زيارة المصدر
موقع الشريك
wikipedia gl Galician