O pitón reticulado[3] (Python reticulatus) é unha cobra pertencente á familia Pythonidae, propia do Sueste asiático e a Wallacea. Hai estudos xenéticos que afirman que o xénero Python é parafilético e que esta especie debe pertencer a un xénero novo, Malayopython.[4]
Descrición
É a cobra cos exemplares de máis lonxitude que se coñecen, podendo exceder algúns os 8 m e 135 kg de peso, pero en catividade raramente superan os 6.5 metros.
Existe un debate aínda na sobre cal é a meirande cobra. Algúns están a favor da pitón e outros da anaconda. A anaconda é a serpe máis pesada; porén, os exemplares máis longos atopados foron de pitón reticulado.
Distribución
Orixinario de Asia suroriental, Indonesia e Filipinas, este pitón habita en selvas húmidas entre pólas semidescompostas das árbores e zonas próximas á auga, xa que pode nadar longas distancias. De costumes nocturnos, é posible atopalos nos lugares máis insólitos, mesmo dentro de vivendas ou en adegas de barcos.
Notas
-
↑ McDiarmid RW, Campbell JA, Touré T. 1999. Snake Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, vol. 1. Herpetologists' League. 511 pp. ISBN 1-893777-00-6 (series). ISBN 1-893777-01-4 (volume).
-
↑ The reptile Database. www.reptile-database.org.
-
↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pitón.
-
↑ Reynolds, Niemiller & Revell, 2014 : Toward a Tree-of-Life for the boas and pythons: Multilocus species-level phylogeny with unprecedented taxon sampling. Molecular Phylogenetics and Evolution, vol. 71, p. 201–213.
Véxase tamén
Bibliografía
- Auliya MA (2003). Taxonomy, Life History and Conservation of Giant Reptiles in West Kalimantan. Ph.D. thesis, Universidade de Bonn.
- Auliya MA, Mausfeld P, Schmitz A, Böhme W (2002). "Review of the reticulated python (Python reticulatus Schneider, 1801[sic]) with the description of new subspecies from Indonesia". Naturwissenschaften 89 (5): 201–213. doi 10.1007/s00114-002-0320-4 (HTML abstract, electronic supplement available to subscribers).
- Raven HC (1946). "Adventures in python country". Natural History 55: 38–41.
-
Schneider JG (1801). Historiae Amphibiorum naturalis et literariae Fasciculus Secundus continens Crocodilos, Scincos, Chamaesauras, Boas, Pseudoboas, Elapes, Angues, Amphisbaenas et Caecilias. Jena: Frommann. vi + 364 pp. + 2 plates. ("[Boa] Reticulata", new species, pp. 264–266). (en latín)
- Shine R, Ambariyanto, Harlow PS, Mumpuni (1999). "Reticulated pythons in Sumatra: biology, harvesting and sustainability". Biol. conserv. 87 (3): 349-357. ISSN 0006-3207. Abstract at CAT.INIST. Consultado o 12 de setembro de 2007.