dcsimg

Chimpancé ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os chimpancés constitúense como o epónimo das dúas especies existentes do xénero Pan, do que o río Congo forma o límite natural entre ámbalas dúas especies.[1]

Os chimpancés son membros da familia dos homínidos, xuntos cos gorilas, os orangutáns e os seres humanos. Crese que os chimpancés dividíronse da evolución humana hai aproximadamente 6 millóns de anos e máis dun 99% das secuencias do ADN humano e do chimpancé son iguais. Isto fai que os bonobos e os chimpancés comúns sexan os primates vivos máis próximos ó ser humano.[2]. Así mesmo, os chimpancés son os únicos membros coñecidos da subtribu Panina. As dúas especies de Pan dividíronse hai un millón de anos.

Notas

  1. "ADW:Pan troglodytes:information". Animal Diversity Web (University of Michigan Museum of Zoology). Consultado o 19 de agosto de 2013.
  2. In a talk presented at the Annual Meeting of the American Anthropological Association on November 20, 1999, Jonathan Marks stated: "Humans, chimpanzees, and gorillas are within two percentage points of one another genetically." "What It Really Means To Be 99% Chimpanzee" (en inglés). 10 de outubro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2013. Consultado o 19 de agosto de 2013.

Véxase tamén

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Chimpancé: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os chimpancés constitúense como o epónimo das dúas especies existentes do xénero Pan, do que o río Congo forma o límite natural entre ámbalas dúas especies.

Chimpancé común, Pan troglodytes: o chimpancé máis coñecido. Habita en África Occidental e Central. Bonobo, Pan paniscus: tamén coñecido como "chimpancé pigmeo". Atópase nas selvas da República Democrática do Congo.

Os chimpancés son membros da familia dos homínidos, xuntos cos gorilas, os orangutáns e os seres humanos. Crese que os chimpancés dividíronse da evolución humana hai aproximadamente 6 millóns de anos e máis dun 99% das secuencias do ADN humano e do chimpancé son iguais. Isto fai que os bonobos e os chimpancés comúns sexan os primates vivos máis próximos ó ser humano.. Así mesmo, os chimpancés son os únicos membros coñecidos da subtribu Panina. As dúas especies de Pan dividíronse hai un millón de anos.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician