dcsimg

Rickettsiales ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A orde Rickettsiales, que comprende as rickettsias, é unha pequena orde de proteobacterias. A maioría das especies descritas deste grupo só poden vivir como endosimbiontes doutras células. Algunhas especies son patóxenos importantes, como Rickettsia, que causa diversas enfermidades nos humanos. Son importantes tamén porque os estudos xenéticos realizados apoian a teoría endosimbiótica, que di que as mitocondrias e outros orgánulos relacionados (hidroxenosoma, mitosoma) se orixinaron a partir de membros deste grupo bacteriano. Algúns tamén especularon que os virus se puideron desenvolver a partir de organismos como estes, aínda que as probas non son suficientes.

As Rickettsiales son un dos grupos de proteobacterias máis enigmático, debido principalmente ás dificultades para cultivalos e estudalos. Inicialmente o grupo incluía todas as bacterias endosimbiontes obrigadas. Porén, varias especies foron pasadas a outros grupos, como Coxiella burnetii, causante da febre Q. En mostras tomadas en ecosistemas acuáticos detectáronse a presenza de varios xenes que pertencen a este grupo, o que indica que debe de haber un certo número de especies de Rickettsiales planctónicas de vida libre. Entre estas está a chamada SAR11, que posteriormente foi cultivada e recibiu o nome de Pelagibacter ubique, que se considera que é unha das bacterias máis comúns do mundo.

A composición exacta e clasificación do grupo está lonxe de ser ben establecida. Xeralmente admítense as familias Rickettsiaceae e Anaplasmataceae.

Filoxenia

A seguinte filoxenia das Rickettsiales foi elaborada por Williams et al (2007) [2].

Outras alfaproteobacterias

Rhodospirillales, Sphingomonadales, Rhodobacteraceae, Rhizobiales etc.

  Rickettsiales clado SAR11

Pelagibacter ubique

Mitocondrias

    Anaplasmataceae      

Ehrlichia

Anaplasma

Wolbachia

Neorickettsia

    Rickettsiaceae

Rickettsia

Notas

  1. Garrity, George (2005). Bergey's Manual of Systematic Bacteriology. Springer. ISBN 0-387-24145-0.
  2. Williams, K. P.; Sobral, B. W.; Dickerman, A. W. (2007). "A Robust Species Tree for the Alphaproteobacteria". Journal of Bacteriology 189 (13): 4578–4586. DOI:10.1128/JB.00269-07. PMC 1913456. PMID 17483224. [1].

Véxase tamén

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Rickettsiales: Brief Summary ( Galician )