dcsimg

Miliobatiformes ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A dos miliobatiformes (Myliobatiformes) é unha das catro ordes da superorde dos batoideos, peixes cartilaxinosos elasmobranquios relacionados cos tiburóns (superorde selaquimorfos).

Moi semellantes ás raias (denomínanse ás veces raias látego ou raias de aguillón) estes peixes estaban anteriormente incluídos na orde Rajiformes, pero estudos filoxenéticos recentes demostraron que os miliobatiformes constitúen un grupo monofilético.[1]

Clasificación

Nelson, en 2006, na súa obra Fishes of the World clasifica os miliobatiformes da seguinte maneira:[2]

Orde Myliobatiformes

Controversia

A orde foi proposta por Leonard Compagno en 1973. De acordo coa súa revisión de 1999[3] esta orde comprendía as seguintes familias:

  • Dasyatidae
  • Gymnuridae
  • Hexatrygonidae
  • Mobulidae
  • Myliobatidae
  • Plesiobatidae
  • Potamotrygonidae
  • Rhinopteridae Jordan & Evermann, 1896
  • Urolophidae

Porén, a orde no é recoñecida por FishBase, que sitúa as seis familias que considera na orde dos raiformes.[4]

Pola súa parte, o Integrated Taxonomic Information System (ITIS) considera estas familias:[5]

  • Dasyatidae
  • Gymnuridae
  • Hexatrygonidae
  • Mobulidae Gill, 1893 (non recoñecida por FishBase, que clasifica todas as súas especies na familia dos Myliobatidae)
  • Myliobatidae
  • Plesiobatidae
  • Potamotrygonidae
  • Rhinopteridae
  • Urolophidae

(Para outra clasificación, véxase a ligazón externa ao NCBI).

En Galicia

En augas próximas ás costas galegas están citadas as especies seguintes:[6][7]

Notas

  1. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. New York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7, pp. 69–82.
  2. Nelson, (2006), Op. cit.
  3. Compagno, Leonard J. V. & Hamlett, William C., ed. (1999): Checklist of Living Elasmobranchs. Sharks, Skates, and Rays: The Biology of Elasmobranch Fishes. Baltimore: Johns Hopkins University Press, pp. 471-498.
  4. FishBase Rajiformes (en inglés) Consultada o 15/11/2012.
  5. ITIS. Myliobatiformes (en inglés) Consultada o 15/11/2012.
  6. Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
  7. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Compagno, Leonard J. V. e Hamlett, William C., eds. (1999): Checklist of Living Elasmobranchs. Sharks, Skates, and Rays: The Biology of Elasmobranch Fishes. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-6048-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. New York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Miliobatiformes: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A dos miliobatiformes (Myliobatiformes) é unha das catro ordes da superorde dos batoideos, peixes cartilaxinosos elasmobranquios relacionados cos tiburóns (superorde selaquimorfos).

Moi semellantes ás raias (denomínanse ás veces raias látego ou raias de aguillón) estes peixes estaban anteriormente incluídos na orde Rajiformes, pero estudos filoxenéticos recentes demostraron que os miliobatiformes constitúen un grupo monofilético.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician