Danio é un xénero de peixes que comprende moitas das especies de danioninos moi utilizados nos acuarios pertencente á familia dos ciprínidos. O nome común "danio" utilízase moitas veces para referirse tanto ás especies do xénero Danio coma as do xénero Devario. A especie Danio rerio é moi utilizada en investigación científica como organismo modelo.
O nome "danio" procede da palabra dhani da lingua bengalí, que significa "dos campos de arroz", onde é frecuente que vivan estes peixes. Pero o nome nativo bengalí deste peixe é anju. A especie Danio rerio foi descrita no século XIX por Francis Hamilton, un cirurxián que traballaba para a Compañía da India do Leste Británica. Un século despois (1916), o xénero foi dividido, e as especies máis grandes quedaron no xénero Danio e as máis cativas, entre elas D. rerio, pasaron ao novo xénero Brachydanio.[1] Pero en 1991, os dous xéneros foron recombinados, reclasificando as especies máis grandes que anteriormente estaban no xénero Danio, como o danio xigante, no xénero Devario. Ademais, Brachydanio é agora un sinónimo junior de Danio.[2]
Actualmente recoñécense 21 especies neste xénero, que son:[3][4][5]
As seguintes variedades son recoñecidas no comercio de acuarios pero non teñen validez taxonómica:
Algunhas especies non descritas ou variedades, que poden estar representadas por as especies recentemente descritas de arriba, son:
Son peixes nativos de augas doces de ríos e regatos do Sueste asiático, e moitas das súas especies de vivas cores son utilizadas en acuarios por todo o mundo. Recentemente descubríronse varias especies en zonas remotas de Myanmar (antes Birmania), e non teñen aínda nomes científicos.
Presentan dous pares de barbas longas, e xeralmente teñen bandas horizontais na parte lateral do corpo, coa excepción do Danio choprai, o Danio aesculapii e o danio barrado negro (nome provisional Danio sp. TW01) que teñen barras verticais. O seu tamaño vai de 4 a 15 cm de lonxitude. Xeralmente non viven máis de dous ou tres anos en acuarios, e son probablemene peixes anuais na natureza.
Na natureza, estes peixes consomen pequenos animais acuáticos como insectos, crustáceoss, e vermes, xunto con plancto no caso das crías.
O coidado que deben recibir nos acuarios os membros do xénero Danio é bastante similar para todos, e son fáciles de manter.
Todos estes peixes son principalmente comedores de superficie. Son omnívoros no acuario e aceptan unha ampla variedade de alimentos, aínda que a comida en escamas para peixes de acuario é axeitada. Cando vivien en acuarios, os alimentos en escamas vivos ou conxelados son apropiados, especialmente os camaróns Artemia e tabletas que se afunden. Os danios son comedores voraces; outros peixes que sexan máis tímidos ou amedoñados á hora de comer poden pasar fame compartindo o tanque cos danios. Cando se quere preparar aos danios para a reprodución é conveniente darlles moitos alimentos frescos.
Aínda que son peixes moi bulideiros e que se perseguen uns a outros e a outros peixes, forman unha boa comunidade de peixes e xeralmente non se atacan entre eles ou a outros peixes agresivamente, aínda que ocasionalmente poden trabar nas aletas. Como a maioría dos peixes, comen ovos e algúns peixes dabondo pequenos como para que os poidan tragar.
Mantéñense mellor nun tanque que sexa o suficientemente longo para que poidan nadar activamente, preferiblemente cunha corrente que sae dun filtro de acuario eléctrico (ou polo menos dun difusor de burbullas de aire) xa que na natureza viven en regatos de augas rápidas. Son bos saltadores, polo que se recomenda poñer unha tapa no acuario.
Como son peixes que forman bancos, prefiren estar en grupos de seis ou máis. Os danios prefiren augas cun pH entre 6,0 e 8,0, e a dureza da auga non debe ser de máis de 19,0 dGH, cunha dureza de carbono de 8 a 12 KH, e unha temperatura entre 20– e 26 °C; o extremo inferior dese intervalo de temperaturas é o ideal.
Algunhas especies de Danio, como o peixe cebra (D. rerio), están entre as especies máis fáciles de criar nun acuario. Con outras especies, como Danio kyathit, é máis difícil de conseguir o desove. Todas depositan os seus ovos espallados sobre o substrato. Os ovos non son adhesivos, e eclosionan en dous ou tres días. Os ovos son devorados avidamente por peixes adultos a non ser que estean ben protexidos por capas de pedriñas ou boliñas ou ben introducidos no substrato.
Poden orixinarse híbridos entre especies de Danio; xeralmente as crías chegan a madurez mais son estériles.
Danio é un xénero de peixes que comprende moitas das especies de danioninos moi utilizados nos acuarios pertencente á familia dos ciprínidos. O nome común "danio" utilízase moitas veces para referirse tanto ás especies do xénero Danio coma as do xénero Devario. A especie Danio rerio é moi utilizada en investigación científica como organismo modelo.