dcsimg

Arabidopsis suecica ( 加利西亞語 )

由wikipedia gl Galician提供

Arabidopsis suecica é unha especie de plantas nativa do norte de Europa, que se orixinou por hibridación das especies Arabidopsis thaliana e Arabidopsis arenosa.[1][2]

Descrición

É unha planta de 14 a 40 cm de altura de flores actinomorfas de 4 pétalos brancos coa base amarela e sépalos amarelos, que dan froitos con forma de vaíña longa. As follas son alternas case sen pecíolo no talo, e na base ten follas en roseta pecioladas, que sobreviven ao inverno. Crece sobre todo en afloramentos rochosos e patios.[3]

Xenética

A. suecica é un alopoliploide de 26 cromosomas (2n=26) que comprede dous conxuntos de cromosomas procedentes das plantas que a orixinaron por hibridación, que son 10 cromosomas da especie diploide A. thaliana (2n=2x=10) e 16 da especie tetraploide A. arenosa (2n=4x=32, tamén chamada Cardaminopsis arenosa). A orixe parental dos cromosomas de A. suecica demostrouse por secuenciación de ADN e hidridación in situ.[4] Estudando loci microsatélites nucleares estimouse que a especie se creou por hibridación hai pouco tempo, entre 13.000 e 300.000 anos, seguramente máis ao sur que as zonas do norte de Escandinavia onde pode vivir, e despois colonizou o norte cando se retiraron os xeos da glaciación.[5]

Comprobouse o nivel de variacións xenéticas nesta planta e nas súas plantas parentais e o menor nivel dáse en A. suecica e o maior en A. arenosa, mentres que A. thaliana ten valores intermedios. A suecica só tiña 16 fenotipos no polimorfismo estudado e a maioría da variación producíase entre poboacións, polo que se cre que é autógama na natureza.[6]

Notas

  1. Roskov Y., Kunze T., Orrell T., Abucay L., Paglinawan L., Culham A., Bailly N., Kirk P., Bourgoin T., Baillargeon G., Decock W., De Wever A., Didžiulis V. (ed), ed. (2014). "Species 2000 & ITIS Catalogue of Life: 2014 Annual Checklist.". Consultado o 16 de xullo de 2016.
  2. Dyntaxa Arabidopsis suecica
  3. NatureGate Arabidopsis suecica
  4. "The polyploidy portal". Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2016. Consultado o 16 de xullo de 2016.
  5. Mattias Jakobsson, Jenny Hagenblad, Simon Tavaré, Torbjörn Säll, Christer Halldén, Christina Lind-Halldén e Magnus Nordborg. A Unique Recent Origin of the Allotetraploid Species Arabidopsis suecica: Evidence from Nuclear DNA Markers. (marzo de 2006) Oxford Journals. Molecular Biology and Evolution. [1]
  6. Lind-Halldén C., Halldén C., Säll T. Genetic variation in Arabidopsis suecica and its parental species A. arenosa and A. thaliana. Hereditas. 2002;136(1):45-50. PMID 12184488
許可
cc-by-sa-3.0
版權
Autores e editores de Wikipedia
原始內容
參訪來源
合作夥伴網站
wikipedia gl Galician

Arabidopsis suecica: Brief Summary ( 加利西亞語 )

由wikipedia gl Galician提供

Arabidopsis suecica é unha especie de plantas nativa do norte de Europa, que se orixinou por hibridación das especies Arabidopsis thaliana e Arabidopsis arenosa.

許可
cc-by-sa-3.0
版權
Autores e editores de Wikipedia
原始內容
參訪來源
合作夥伴網站
wikipedia gl Galician