O dos euarcontogliros (Euarchontoglires), tamén coñecido como Archontoglires Arnason et al., 2008 e Supraprimates Waddell et al. 2001,[1] é un clado (considerado como superorde) de mamíferos placentarios recentemente establecido grazas a novas análises filoxenéticas.
Componse doutros dous clados, o dos Glires (que inclúe aos roedores e os lagomorfos) e Euarchonta (que abarca aos dermópteros, escandentios e primates).
O establecemento do clado dos Euarchontoglires baséase na análise de secuencias de ADN e marcadores de retrotransposóns, combinando o clado dos Glires co clado dos Euarchonta.
Aínda que até hoxe no se recoñezan moitas evidencias de trazos que apoien Euarchontoglires, tampouco existen evidencias anatómicas que apoien conxecturas alternativas.
Euarchontoglires recoñécese como un dos catro clados existentes dentro do clado Eutheria (que contén os placentarios),[2] aos que xeralmente non se lle dá categoría taxonómica (ou, ás veces, a de cohorte ou magnorde, ou superorde).
As relacións entre as catro cohortes (Euarchontoglires, Xenarthra, Laurasiatheria e Afrotheria) e a identidade da raíz común está algo controvertida.[3]
Euarchontoglires probabelmente separouse do grupo irmán, os Laurasiatheria, entre hai 85 e 95 millóns de anos, durante o cretáceo, desenvolvéndose o grupo na illa de Laurasia, que máis tarde se convertería no continente Europa. Apoian esta hipótese evidencias moleculares. Até agora, o fósil máis antigo coñecido dátase no paleoceno inferior.[4]
O conxunto dos clados Euarchontoglires e Laurasiatheria coñécese como Boreoeutheria.
Os marsupiais, os euarcontogliros e os diprotodontes teñen apéndice vermiforme, aínda que foi o resultado dunha evolución converxente.[5]
Clado Euarchontoglires
O dos euarcontogliros (Euarchontoglires), tamén coñecido como Archontoglires Arnason et al., 2008 e Supraprimates Waddell et al. 2001, é un clado (considerado como superorde) de mamíferos placentarios recentemente establecido grazas a novas análises filoxenéticas.
Componse doutros dous clados, o dos Glires (que inclúe aos roedores e os lagomorfos) e Euarchonta (que abarca aos dermópteros, escandentios e primates).