O Gorilla gorilla é unha das dúas especies do xénero Gorilla. Á súa vez, o Gorilla gorilla está dividido en dúas subespecies: o Gorilla gorilla gorilla e o Gorilla gorilla diehli. Case a totalidade dos Gorilla gorilla pertencen á subespecie do Gorilla gorilla gorilla, cunha poboación entre 95.000 e 100.000 individuos. Estímase que só quedan de 250 a 300 Gorilla gorilla diehli.
En comparanza co Gorilla beringei, o Gorilla gorilla é sensibelmente máis pequeno, pesa menos, ten unha figura máis estilizada e a súa pelaxe é máis clara. O Gorilla gorilla gorilla caracterízase pola coloración da súa pelaxe, que pode ir dende o marrón até o gris, e a fronte alaranxada. Os machos miden entre 160 e 170 cm de altura e pesan arredor dos 140 kg.[2][3] As femias son máis pequenas e miden entre 120 e 140 cm de alto e o seu peso oscila entre os 60 e 80 kg. Os Gorilla gorilla meirandes poden chegar ós 200 kg nos machos e ós 98 kg nas femias.[3][4] O Gorilla gorilla diehli diferénciase no maior tamaño da súa caveira e dos seus dentes. Tamén é uns 10–15 cm máis alto e 20–35 kg máis pesado. Perante isto, segue a ser máis pequeno e lixeiro que o Gorilla beringei beringei e o Gorilla beringei graueri, que están consideradas as subespecies de maior tamaño.