Antidorcas marsupialis é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos.[2]
É unha especie monotípica, isto é, a única do seu xénero, na que se recoñecen tres subespecies.[2]
Propia da África do Sur (é a única gacela que se en contra ao sur do río Zambeze), é un dos animais máis característicos da República surafricana, onde é o seu emblema nacional e o fetiche do seu equipo de rugby.[3]
Ademais de en Suráfrica, a especie tamén está presente en Namibia, Botsuana e no sur de Angola.[1]
O xénero Antidorcas foi creado en 1845 polo zoólogo sueco Carl Jakob Sundevall, nun traballo publicado en Kongl. Svenska Vet.-Akad. Handl. Stockholm, 1845: 271.[2]
A especie fora descrita moitos anos antes, en 1780, polo xeógrafo e zoólogo alemán Eberhard August Wilhelm von Zimmermann, nun traballo publicado na revista Geogr. Gesch. Mensch. Vierf. Thiere, 2: 427.[4]
O nome do xénero, Antidorcas está formado pola unión dos elementos do latín científico Anti- e -dorcas, derivados do prefixo latino anti-, adaptación do corresponente do grego antigo ἁντι-, derivado da preposición ἁντί antí que, entre outros significados, pode traducirse por 'á maneira de' (é dicir, 'semellante', 'parecido'), e o substantivo δορκάς dorkás, 'gacela'. Isto é, 'parecido ás gacelas que coñecían os antigos gregos').[5]
En canto ao nome específico, marsupialis, 'marsupial', é un adxectivo do latín científico derivada de marsūpium, voz tirada do latín clásico marsuppium ou marsīpium 'bolsa' (especiamete referida á abdominal dos marsupiais), adaptación dos termos do grego antigo μαρσίππιον marsíppion ou μαρσύππιον marsýppion, derivados de μάρσιππος mársippos, 'bolsa',[6] en alusión á dobra de pel que este antilope te n na rexión dorsal, da que máis adelante se fala.
Na actualidade, os autores recoñecen, dentro desta especie, as tres subespecies seguintes:[4]
Ademais do nome acutalmente aceptado, ao longo da historia a especie coñeceuse tamén polos seguintes sinónimos:[7]
É unha gacela de tamaño mediano, moi grácil e brillantemente coloreada, cunha distribución de colores rechamante, e cunha característica única entre os bóvidos, a presenza dunha dobra na pel, particularmente longa, do dorso do tronco. A coloración xeral é predominantemente pardo amarelada (rubia) brillante no dorso, cunha banda ancha nos flancos de cor parda escura (chocolate), separando os flancos das partes inferiores ou ventrais, que son de cor branca pura. A cabeza é completamente branca, cunha estreita raia de cor apardazada a través do ollo e desde a meixela até o fociño. As nádegas, así como unha ampla mancha triangular na parte inferior das ancas de cor branca pura, bordeada de cor parda escura. Estando o animal en repouso, a dobra do lombo permanece pechada, e só é visíbel unha estreita liña escura na parte final do lombo e na superior das ancas Pero cando o animal está excitado, ben por medo, ben cando está xogando, esta especie de bolsa ábrese amplamente para formar unha a xeito de crista conspicua de pelos moi longos e serdosos, de cor brancca pura. Os cornos, nos machos, son claramente curtos (de 36 a 48,5 cm), pero rexos, fortemente curvados a modo de lira, levantándose lixeiramente desde a base cara a arriba e cara a atrás, e facéndose diverxentes cara a fóra e curvándose agudamente cara a dntro para formaren unha especie de gancho nas puntas. As femias son similares aos machos, pero de menor tamaño e cos cornos máis curtos, máis finos e máis rectos.[3]
Antidorcas marsupialis femia e cudú maior macho
Segundo constata o Grupo de especialistas en antílopes da Unión Internacional para a Conservación da Natureza, a especie está moi estendida, sendo un dos antílopes máis abundantes da rexión de África do Sur. Ademais, non hai ameazas importantes para a súa supervivencia a longo prazo, e é pouco probábel que o estado de conservación da especie cambie mentres se continúe co bo manexo das súas poboacións tanto en terras privadas como nas zonas protexidas, polo que cualifican o seu status como LC (pouco preocupante).[1]
Antidorcas marsupialis é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos.
É unha especie monotípica, isto é, a única do seu xénero, na que se recoñecen tres subespecies.
Propia da África do Sur (é a única gacela que se en contra ao sur do río Zambeze), é un dos animais máis característicos da República surafricana, onde é o seu emblema nacional e o fetiche do seu equipo de rugby.
Ademais de en Suráfrica, a especie tamén está presente en Namibia, Botsuana e no sur de Angola.