Os oriólidos[1] (Oriolidae) son unha familia de aves paseriformes de rechamantes cores que viven no Vello Mundo, chamados comunmente ouriolos. En Galicia vive a especie Oriolus oriolus, o ouriolo común ou vichelocrego.
A familia Oriolidae comprende os Sphecotheres, os pitohuis e os ouriolos do Vello Mundo.[2] Os extintos Turnagra foron engadidos en 2011, e antes estiveran clasificados na familia Turnagridae.[3][4] Propuxéronse outros xéneros para dividir o xénero Oriolus. Por exemplo, as especies africanas de cabeza negra son ás veces situadas nun xénero separado, Baruffius. A familia Oriolidae non está relacionada con outras aves parecidas aos ouriolos que viven no Novo Mundo, clasificadas na familia Icteridae, malia o seu similar tamaño, dieta, comportamento e rechamante plumaxe, pero todas estas semellanzas son resultado dunha converxencia evolutiva.
Na familia Oriolidae existen tres xéneros:[5]
Hai polo menos dous xéneros extintos na familia Oriolidae:
Os ouriolos e Sphecotheres son paseriformes de medio tamaño, de arredor de 20–30 cm de lonitude, e as femias son algo máis pequenas que os machos.[6] O peteiro é lixeiramente curvado e ganchudo, e, excepto nos Sphecotheres, tan longo coma a cabeza. A plumaxe da maioría das especies é rechamante, aínda que as femias a miúdo teñen unha plumaxe máis apagada que a dos machos. A plumaxe de moitos ouriolos de Australasia imita a dos Philemon comedores de mel, probablemente para reducir a agresión contra os ouriolos máis pequenos.[7]
A familia distribúese por África, Europa, Asia e Australia. As poucas especies de climas de baixa temperatura son migratorias e algunhas especies tropicais tamén mostran movementos estacionais.
Os ouriolos son monógamos, reproducíndose en parellas territoriais (aínda que o Sphecotheres vieilloti, e posiblemente os outros Sphecotheres, reprodúcense en colonias pouco densas).[6] Os sitios de nidificación poden situarse preto de especies agresivas, como drongos, lánidos ou Philemon, que lles dan un certo grao de protección. O niño é unha copa fonda tecida como unha hamaca que colga dunha rama. Xeralmente poñen dous ou tres ovos, pero rexistráronse casos de seis.
Os ouriolos son arbóreos e adoitan alimentarse nas copas das árbores.[6] Moitas especies poden sobrevivir en bosques abertos, aínda que unhas poucas están restrinxidas a bosques pechados. Son omnívoros oportunistas, e os principais compoñentes da súa dieta son froitas, bagas, artrópodos e néctar.
Os oriólidos (Oriolidae) son unha familia de aves paseriformes de rechamantes cores que viven no Vello Mundo, chamados comunmente ouriolos. En Galicia vive a especie Oriolus oriolus, o ouriolo común ou vichelocrego.