Aeromonas é un xénero de bacterias gramnegativas anaerobias facultativas con forma de bacilo, que lembra morfoloxicamente a membros da familia Enterobacteriaceae. Describíronse 14 especies de Aeromonas, a maioría das cales foron asociadas con enfermidades humanas. Os patóxenos máis importantes son A. hydrophila, A. caviae, e A. veronii biovar sobria. Tamén producen enfermidades en peixes e outros animais. Estes organismos son ubicuos en augas doces e salobres.
As Aeromonas agrúpanse coa clase gamma das proteobacterias.[1] Antes clasificábase na familia Vibrionaceae, pero os estudos xenéticos recentes fixeron que se crease para elas a familia Aeromonadaceae.[2][3]
As dúas principais enfermidades asociadas con Aeromonas son a gastroenterite e infeccións en feridas, con ou sen bacteremia. A gastroenterite ocorre normalmente en individuos sans despois da inxestión de auga ou alimentos contaminados, mentres que as infeccións en feridas están causadas pola exposición a auga contaminada. As Aeromonas poden causar enfermidades sistémicas oportunistas en pacientes inmunocomprometidos.
Aínda que se identificaron algúns factores de virulencia potenciais, como endotoxinas, hemolisinas, enterotoxinas, factores de adherencia, o seu papel preciso nas doenzas non se coñece.
Son bacilos gramnegativos pequenos de 0,3-1,0 x 1,0-3,5 μm, anaerobios facultativos, xeralmente con flaxelación polar (menos A. salmonicida e A. media), dan positivo nas probas da oxidase e catalase, que reducen o nitrato a nitrito e fermentan a D-glicosa como fonte principal de carbono e enerxía. Poden crecer en medios que conteñen o 3% de NaCl, pero non no 6%. Producen exoencimas como: proteases, DNases, RNases, elastases, lecitinases, amilases, xelatinases e lipases, algunhas consideradas factores de virulencia.[4] A maioría son mesófilas (óptimo 28 °C), pero hai algunhas psicrófilas (22-25 °C).[2]
A enfermidade gastrointestinal por Aeromonas en nenos é xeralmente aguda e máis grave, mentres que en adultos tende a ser unha diarrea crónica. A gastroenterite grave por Aeromonas lembra á shigellose, e preséntase con sangue e leucocitos nas feces. A enfermidade diarreica aguda é autolimitada, e só están indicados coidados de mantemento nos pacientes afectados.[5]
As especies de Aeromonas son resistentes ás penicilinas, á maioría das cefalosporinas, e á eritromicina. A ciprofloxacina é activa contra as cepas de Aeromonas en Europa e Norteamérica, pero informouse de resistencias en Asia.
O nome Aeromonas deriva do grego aer, aeros (ἀήρ, ἀέρος) e de -monas|monas (μονάς / μονάδα) e significa mónada (produtora) de gas.[6] O nome común que se usa para elas é xeralmente aeromónadas.
Aeromonas é un xénero de bacterias gramnegativas anaerobias facultativas con forma de bacilo, que lembra morfoloxicamente a membros da familia Enterobacteriaceae. Describíronse 14 especies de Aeromonas, a maioría das cales foron asociadas con enfermidades humanas. Os patóxenos máis importantes son A. hydrophila, A. caviae, e A. veronii biovar sobria. Tamén producen enfermidades en peixes e outros animais. Estes organismos son ubicuos en augas doces e salobres.
As Aeromonas agrúpanse coa clase gamma das proteobacterias. Antes clasificábase na familia Vibrionaceae, pero os estudos xenéticos recentes fixeron que se crease para elas a familia Aeromonadaceae.