Os gadiformes (Gadiformes), ou anacantinos (Anacanthini), son unha orde de peixes osteíctios teleósteos, da superorde dos paracantopterixios (Paracanthopterygii), entre os que se inclúen especies de tanta importancia pesqueira e comercial como as pescadas, os bacallaus, as fanecas ou as pescadas.[4]
Apareceron por primeira vez no rexistro fósil no mioceno medio, na metade do terciario.[4]
Etimoloxía
O nome da orde deriva do do seu xénero tipo, Gadus, do latín gadus, bacallau, e este do grego antigo γάδος gádos, co mesmo significado.[5]
Características
Teñen un corpo máis ou menos alongado, con escamas cicloides (rara vez ctenoides), e sen conduto pneumático na vexiga natatoria, órgano que algunhas especies (Melanonidae e Squalogadus) non posúen.[4]
As aletas non teñen raios espiñentos (ou polo menos, sen verdadeiras espiñas); as dorsais e anais son normalmente longas; a caudal homocerca e as pelvianas, cando existen, están inseridas por debaixo ou á altura das pectorais, rara vez por detrás. Algunhas especies posúen un maxilar protráctil.[4]
Habitan principalmente en augas frías do Atlántico norte e tamén no Mediterráneo.
Clasificación
Merlán (
Merlangius merlangus).
Lirio (
Micromesistius poutassou).
Fodón (
Trisopterus minutus).
Segundo FishBase, a orde comprende dez familias:[6]
Porén, o SIIT non considera como familias á dos Lotidae, cuxas especies encadra nas subfamilias dos Lotinae e Phycinae, da familia dos Gadidae, e á dos Phycidae, considerada como subfamilia (Phycinae) dos gádidos (Gadidae).[7]
En Galicia
En augas das costas galegas está rexistrada a presenza das seguintes especies de gadiformes:[8][9][10]
Notas
-
↑ Taxonomicon
-
↑ 2,0 2,1 2,2 Gadoidei (Taxonomic Serial No.: 164669) no SIIT Sistema Integrado de Información Taxonómica (en inglés)
-
↑ 3,0 3,1 3,2 Taxonomicon syn.
-
↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Nelson, Joseph S. (2006). Fishes of the world (4th ed ed.). Hoboken, N.J.: John Wiley& Sons. ISBN 0471250317. OCLC 62324946.
-
↑ "Memidex". Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2019. Consultado o 22 de xullo de 2013.
-
↑ Gadiformes en FishBase, 2010. (en inglés)
-
↑ Gadiformes (Taxonomic Serial No.: 164665) en SIIT, 2010. (en inglés)
-
↑ Solórzano et al. (1988)
-
↑ Rodríguez Villanueva el al. (1995)
-
↑ Rodríguez Solórzano et al. (1983)
Véxase tamén
Bibliografía
- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- FAO, ed. (1990). Gadiform fishes of the world (order Gadiformes) : an annotated and illustrated catalogue of cods, hakes, grenadiers and other gadiform fishes known to date. FAO Fisheries Synopsis 10. Rome. pp. 77–81. ISBN 9251028907. OCLC 24146102.
- Coppola, S. R. et al. (1994): SPECIESDAB: Global species database for fishery purposes. User's manual. FAO Computerized Information Series (Fisheries). Núm. 9. Roma, FAO.
- Nelson, Joseph S. (2006). Fishes of the world (4th ed ed.). Hoboken, N.J.: John Wiley& Sons. ISBN 0471250317. OCLC 62324946.
- Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
- Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
- Solórzano, Manuel Rodríguez; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
- Van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. e Froese, R. (2001): Pisces, en: Costello, M. J. et al. (Ed.), 2001. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 357–374.
Outros artigos